A Lei de Disciplina Orzamentaria deixa fora de control o financiamento público-privado

A Lei de Disciplina Orzamentaria deixa fora de control o financiamento público-privado

A Lei de Disciplina Orzamentaria deixa fora de control o financiamento público-privado

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, dixo que a Lei de Disciplina Orzamentaria presentada pola Xunta “enmascara o control das finanzas públicas” ao deixar fora o financiamento público – privado. Así o dixo no debate de totalidade no que anunciou a presentación de emendas parciais para “cubrir as eivas” da norma da Xunta.

Lamentou que a Xunta presentara este Proxecto de Lei “desaproveitando a ocasión de incorporar as colaboracións público – privadas e establecendo límites”. Lembrou que este sistema permite que a Xunta “asuma compromisos de gasto a 25 anos sen ningún control” co que “deixa a pagar os hospitais de Vigo e Pontevedra e os centros de saúde e pon en perigo a prestación pública da sanidade”.

Caride sinalou que na realidade este sistema “multiplica por catro” o custe real de investimento das infraestruturas sanitarias, ademais de deixar “mans libres” para que a iniciativa privada entre na xestión deste servizo público. Engadiu que mentres establece que a débeda pública autonómica se manteña nun nivel “prudente e estable” a Xunta a ten incrementado nun 57,7 por cento en dous anos, tres puntos mais que a media estatal.

Ademais, criticou que o Executivo teña presentado esta Lei a través do trámite de urxencia impedindo un debate a fondo, e mesmo sen presentar o informe do Consello Económico e Social, o que “empeza a cheirar mal” xa que, engadiu, “o fan ou porque non ten relevancia económica –co que quedaría excluída deste informe- ou porque teñen medo do que o CES lles diga, xa que ultimamente está a ser moi incómodo”.

Cortiña de fume

Caride sinalou que este Proxecto de Lei, o anuncio mais importante feito polo presidente da Xunta no debate de investidura, constitúe en realidade unha “cortiña de fume” para “desviar a atención dos problemas realmente importantes”, como é que Feijóo provoque que Galicia lidere a destrución de emprego do Estado. Así, dixo que a Xunta amósase incapaz de exercer as súas competencias para liderar a reactivación de emprego e económica.

Advertiu que “seguen instalados nos manguiños de contables e non liderando a política económica de Galicia”, e reclamou que “deixen de presumir das cifras de 2009, cando tamén gobernaron os socialistas, boten unha ollada aos datos de paro e empecen a pensar que teñen competencias e que deben comezar a facer algo”.

A responsable socialista dixo que esa Lei constitúe unha transposición do Real Decreto 2/2007 de 28 de decembro, texto refundido da Lei Xeral de Estabilidade Orzamentaria, e dixo que “non estamos en contra da estabilidade nin da disciplina orzamentaria”, pero anunciou unha serie de emendas ao articulado para “cubrir as eivas” que contén o texto da Xunta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar