A Lei de Consumo de Feijóo non defende aos usuarios e consumidores de Galicia

A Lei de Consumo de Feijóo non defende aos usuarios e consumidores de Galicia

A Lei de Consumo de Feijóo non defende aos usuarios e consumidores de Galicia

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista Juan Carlos Francisco Rivera interveu na Comisión 6ª do Parlamento para amosar o rexeitamento do PSdeG ao proxecto da Lei Galega galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias. Asegura que esta normativa non defende aos usuarios e os consumidores, “xa que presenta moitas lagoas xurídicas”.

Ademais criticou que no debate do Estado de Autonomía, celebrado onte, o goberno de Feijoo aprobou unha proposición para que o Tribunal Galego da Competencia sexa transferido ao Instituto Galego de Consumo. Dixo que esta medida supón “a defunción do Instituto Galego de Consumo”, máximo órgano sobre as competencias de control de mercado e inspección dos produtos.

Lembrou tamén que hoxe se celebra o Día Mundial de los Derechos del Consumidor, nese senso afirmou que para o PSdeG-PSOE as políticas de consumo non son só políticas destinadas á protección da parte máis débil do mercado dentro dun modelo social profundamente consumista, son instrumentos que axudan a todos os cidadáns e, especialmente aos máis desfavorecidos, a consumir con criterio, a preservalos dos riscos para a saúde, a incrementar a súa seguridade, a protexer a contorna medioambiental e os recursos naturais de comportamentos irresponsables que prexudican gravemente a nosa calidade de vida e a das futuras xeracións. En definitiva “son políticas que fomentan a participación, a educación e a información”.

Consumidores indefensos

Na súa intervención Juan Carlos Francisco Rivera advertiu qu

e “non é unha lei protectora dos dereitos dos consumidores”, como denuncian as propias asociacións de consumidores ou comerciantes. Afirma que con esta normativa os usuarios e consumidores de Galicia “esta indefensos e en situación de desequilibrio”. Asevera que mais do 40 % do texto proposto pola administración autonómica “ten réxime sancionador”.

Corralito financeiro

Tamén aludiu a situación de indefensión na que viven mais de 100.000 galegos afectados polas participacións preferentes nas caixas galegas. Denuncia que están“atrapados nun corralito”, por iso lembrou que o PSdeG “xa reclamou responsabilidades políticas á administración autonómica”, sobre este asunto. Ademais tamén demandou a creación de oficinas de Información para facilitar información e mecanismos de defensa a tódolos cidadáns que foron “enganados” neste tipo de operacións.

Sinala que a normativa non da resposta as novas problemáticas que se introducen nas relacións de consumo e que sitúan ás persoas consumidoras de bens e produtos ou as usuarias de servizos nunha situación de flagrante desequilibrio contractual.

Dixo que é unha proposta escasamente nova, aínda que tente presentar como tal cuestións que xa están a funcionar na actualidade sen necesidade desta norma legal (como a Rede Galega de Produtos de Consumo, os Plans e Programas de actuación ou o Plan Anual de Vixiancia do Mercado). Sinala que resulta reiterativa na transposición de principios xerais do dereito xa consagrados, non só na lexislación básica senón na xurisprudencia constitucional.

Non hai orzamento para desenvolvela

No que atinxe ao punto de vista financeiro, non conta coa necesaria cobertura orzamentaria para desenvolver diversos aspectos, tal e como o plan de incentivos ás asociacións de consumidores, ou para favorecer o fornecemento dos sistemas extraxudiciais de conflitos.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar