A Lei de Axuda ás mulleres vítimas de violencia de xénero, unha "trapallada" e "pantomima" do PP

A Lei de Axuda ás mulleres vítimas de violencia de xénero, unha "trapallada" e "pantomima" do PP

A Lei de Axuda ás mulleres vítimas de violencia de xénero, unha “trapallada” e “pantomima” do PP

“O PSdeG non participará da pantomima en que o PP transformou a modificación do texto orixinal” da Lei do BNG para crear unha prestación económica para as mulleres vítimas de violencia de xénero”. Así explicou a portavoz de Igualdade do Grupo Socialista a abstención dos socialistas na votación dun texto ao que o PP lle suprimiu o 90 por cento do contido orixinal para a súa aprobación.

A deputada socialista acusou ao PP de converter nunha “trapallada” unha Lei que debera afrontar “o problema máis grave da nosa sociedade”. Sinalou que “non nos podemos conformar con andar un pasiño corto diante dun problema tan grave” que supuxo que este mesmo ano faleceran 30 mulleres asasinadas –“onte dúas, hoxe mesmo unha mais”- e 14 delas deixando 14 orfos e orfas, ademais de dous bebés asasinados.

Acuña dixo que estes rapaces e rapazas “son tan vítimas como as súas nais” e que fican “despachados coa axuda por orfandade de 200 euros”. Explicou graficamente que “da mesma maneira que o maltratador non percibe pensión de viuvez logo de asasinar á súa muller, os orfos e orfas deberan percibir axuda como vítimas igual que as vítimas de outro terrorismo”.

A responsable socialista criticou a “falla de compromiso e de respecto polas vítimas” o que cualificou de “fachada sen debate e no tempo de desconto” por parte do PP para “quedar ben ás portas das próximas eleccións autonómicas e lavar a cara logo de levar 8 anos recortando os orzamentos e eliminando as políticas de igualdade mentres día a día se incrementan as mulleres vítimas da violencia de xénero”.

Os socialistas presentaron 32 emendas á Lei que foron rexeitadas polo PP, a quen lle esixiu que “escoiten ás vítimas da violencia e despois votemos”, en alusión á concentración da asociación de vítimas Ve-La-Luz, concentradas hoxe ás portas da Cámara.

Lamentou a “tozudez” do PP, que rexeitou esta proposta socialista, xunto coas emendas socialistas para que os bens incautados aos proxenetas sexan destinados ao coidado e rehabilitación das mulleres vítimas. Tamén vetaron establecer unha tramitación administrativa “especial, distinta e máis sinxela” para as mulleres vítimas de trata, ou compensar con axudas complementarias as achegas que reciben as vítimas de violencia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar