A Lei de Asistencia Xurídica da Xunta beneficia ás privadas

A Lei de Asistencia Xurídica da Xunta beneficia ás privadas

XustizaA portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou hoxe unha emenda de devolución contra o proxecto de Lei de Asistencia Xurídica Xeral presentado pola Xunta de Galicia sen consenso e co obxectivo de beneficiar a asistencia con medios externos privados. O proxecto foi admitido a trámite co voto do PP, que rexeitou a emenda presentada polos socialistas galegos.

Vilán advertiu que “non podemos aceptar un proxecto de Lei que en ningún momento foi remitido aos sindicatos encargados da función pública, en ningún caso buscou o diálogo, nin a negociación, nin o consenso e que nin sequera foi consensuado cos propios letrados da Comunidade Autónoma”.

A responsable socialista dixo ademais “alto e claro” que “este proxecto de Lei prima a prestación dos servizos de asistencia xurídica privada” en lugar de convocar novas prazas para garantir o servizo público. Acusounos de abrir o camiño para “contratar a consultoras ou avogados para facer os traballos da asesoría xurídica Xeral.

Considera “unha ofensa indecente” aos letrados e letradas da Comunidade Autónoma “que non se acuda a outros órganos da Administración Xeral da Comunidade Autónoma ou a outras entidades do sector público como pode ser a Universidade”.

Vilán lamentou a “oportunidade perdida” por esta norma para impulsar o uso do galego na Xustiza galega, onde “non chega ao 5 por cento”, e onde, malia a que o galego e o castelán son as dúas linguas cooficiais no territorio galego, a realidade é que os xulgados nos que se utiliza a lingua propia de Galicia son “anecdóticos”.

Falla de respecto

Criticou ademais a “falla de respecto” do goberno polos funcionaros públicos “aos que nin sequera sabe chamar”. Puxo en cuestión así que denomine “letrados da Xunta” aos que en realidade son “letrados da Comunidade Autónoma”, establece unha designación do director xeral de Asesoría Xurídica “mais que discutible” cun límite de só 10 anos.

Concédeselle ademais “arbitrariedade” ao enfrontarse a intereses contrapostos na defensa de varias autoridades, nos que decidira “o que considere procedente”. A responsable socialista acusou ao goberno galego de obviar que os honorarios máximos dos colexios de xuristas son libres, e os letrados non poderán realizar actos de disposición procesual sen a autorización do Consello da Xunta.

Ence

A deputada socialista rematou advertindo que “aprobarán o texto que queiran e logo non o cumprirán”, e lembrou a Lei de Transparencia aprobada o 23 de decembro para limitar as xestións dun goberno en funcións “mentres asisten impasibles á decisión de Rajoy de prorrogar a presenza de Ence na Ría de Pontevedra durante 60 anos máis”.

Dixo que “esta é a súa forma de entender a Democracia, a convenciencia, e de respectar a unha Cámara na que na pasada lexislatura votaban a favor de conversar con Ence para atopar unha nova situación para a empresa fóra da Ría de Pontevedra”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar