A Lei de Acompañamento modifica 21 leis sen garantías nin transparencia

A Lei de Acompañamento modifica 21 leis sen garantías nin transparencia

A Lei de Acompañamento modifica 21 leis sen garantías nin transparencia

A portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, denunciou hoxe o “uso fraudulento dos procedementos lexislativos” por parte da Xunta, que utiliza a Lei de Acompañamento para alterar máis de 21 leis sen debate nin publicidade. A responsable socialista explicou o voto en contra dos socialistas a esta práctica, que fora erradicada polo goberno de Touriño e recuperada por Feijóo.

Rodríguez Rumbo explica que “reduce a calidade política e a transparencia, limita o debate parlamentario” e contradí os anuncios de man tendida e de diálogo ofrecidos por Feijóo dende a súa toma de posesión. En realidade, explicou, trátase dunha norma cuestionada pola doutrina xurídica, feita para frear as tarefas de impulso e control do Parlamento e evitar os informes sobre impacto económico ou medioambiental.

Sinalou que esta norma afecta á normativa sobre medidas fiscais, función pública, procedemento administrativo, vivenda, agricultura, transporte público ou ordenación urbana, e altera as leis de augas, vivenda, saúde, minaría, pesca, servizos sociais, transporte, portos ou Solo.

A norma altera, explicou, a Lei de Función Pública para alterar os criterios de negociación colectiva obviando que se trata dun sistema que non pode ser utilizado para modificar leis de carácter xeral. Tamén é utilizada para crear a Axencia Galega de industria Forestal, cun “enfoque productivista e economicista” eludindo o debate institucional coa industria e o tecido social e sortear a protección ecolóxica e paisaxística do medio.

Tamén altera o decreto 149/08, que regula as autorizacións para instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir de biomasa como mecanismo para “abrir a porta á instalación de grandes plantas de biomasa”.

Rodríguez Rumbo advertiu que o goberno galego pretende ademais suprimir o corpo de letrados do Consello Consultivo para convertelos en letrados da administración xeral e ser considerados como de libre designación, mentres a Secretaría Xeral pasa a ser alto cargo. Sinalou que esta modificación chega apenas dous anos despois de ter sido aprobada a Lei no Parlamento de Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar