A Lei de Accesibilidade pode ficar "nunha oportunidade perdida"

A Lei de Accesibilidade pode ficar "nunha oportunidade perdida"

A Lei de Accesibilidade pode ficar "nunha oportunidade perdida"

dependenciaA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, dixo que a Lei de Accesibilidade constitúe “unha oportunidade perdida” pola Xunta e o PP para completar un texto “moito mais completo e comprometido coa accesibilidade universal”. Así o dixo no debate en Comisión do texto, que foi aprobado polo PP coa abstención dos socialistas galegos e será enviado ao Pleno do Parlamento para o seu debate final.

O texto de hoxe, malia incorporar 39 das 73 emendas presentadas polos socialistas galegos, mantén algunhas das eivas mais importantes sinaladas na emenda á totalidade coa que os socialistas reclamaran a devolución do texto ao goberno. Explicou que “seguimos sen ter un compromiso orzamentario firme”, xa que inclúe novas obrigas para a administración local e autonómica pero evita compromisos orzamentarios da Xunta.

Gallego lamentou que o PP se negara a incluír nos orzamentos da Xunta un fondo destinado a subvencionar a supresión de barreiras destinado a concellos, entidades privadas e persoas particulares. Tampouco inclúe axudas aos concellos para o financiamento de plans de accesibilidade en espazos públicos urbanizados e a accesibilidade interior dos inmobles.

Tampouco incorpora as propostas socialistas para esixir a accesibilidade completa ás obras de nova construción, incluír aos establecementos, edificios e instalacións de concorrencia pública no eido de actuación desta Lei. Os socialistas tamén reclamaran que unha de cada 50 vivendas libres construídas sexa concibida como accesible por Lei.

A deputada socialista sinalou que a proposta tampouco incorpora o dereito ao coñecemento, uso e aprendizaxe da lingua de signos, e a creación dun sistema arbitral para resolver queixas e reclamacións das persoas con discapacidade. Os socialistas manterán estas emendas ata o debate final da Lei no Pleno do Parlamento.

Demandas dos colectivos

Carmen Gallego explicou que o Grupo Socialista ten servido no debate desta Lei como vehículo de transmisión de parte das demandas dos colectivos implicados que o goberno galego deixara de lado no texto presentado no Parlamento. Así, apuntou que as emendas socialistas aprobadas serviron para esixirlle ao goberno un Plan Galego de Accesibilidade no prazo de dous anos, mellorando as eivas da Lei na planificación.

Tamén actualizarase a definición da discapacidade, incorporando a discriminación directa, indirecta, por asociación e o acoso, ademais de garantir o uso non discriminatorio dos itinerarios peonís e a circulación de forma autónoma e continua para calquera persoa, ademais de garantir accesibilidade en áreas peonís ou a garantía de dimensión axeitada das prazas de aparcamento.

Tamén incorpora a lectura sinxela e pictogramas na sinalización, a mobilidade vertical, comunicación horizontal, utilización accesible de mobiliario, reservas de vivenda, garantías para obras de adaptación, accesibilidade do transporte público ou na comunicación, entre outras.

As propostas socialistas incorporadas ao texto inclúen a promoción de accións formativas, sensibilización e campañas educativas para favorecer a accesibilidade das persoas con discapacidade e a consulta aos concellos previa ao desenvolvemento da Lei e a aprobación do Código de Accesibilidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar