Feijóo vulnerou a Lei Electoral na sinatura do acordo con Pemex

Feijóo vulnerou a Lei Electoral na sinatura do acordo con Pemex

Feijóo vulnerou a Lei Electoral na sinatura do acordo con Pemex

A Junta Electoral Central (JEC) vén de “ratificar integramente” o acordo da Xunta Electoral de Galicia no que sinalaba que a presenza de Feijoo na sinatura do acordo de Barreras e Navantia con Pemex infrinxía a Lei electoral.

Deste xeito, a JEC desestima o recurso presentado polo Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias da Xunta de Galicia na que solicitaba a JEC que declarase como adecuada á normativa electoral, a presenza de Núñez Feijoo na sinatura do acordo entre PEMEX e Navantia e Barreras.

A resolución da JEC vén a sumarse ás recentes declaracións do director xeral de PEMEX, Juan Juan Suárez Coppel, nas que cuestiona a construción por parte de Barreras e Navantia dos dous floteles, o que confirma, a xuízo dos socialistas de Galicia, “o engano masivo ao que quixo someter Núñez Feijoo aos galegos e galegas”.

Deste xeito, confírmase a falta de escrúpulos de Feijoo ao utilizar como reclamo electoral esta cuestión e ao xogar coa situación dramática e o futuro de preto de 300.000 desempregados galegos, así como coa difícil situación pola que están a pasar os estaleiros e o sector naval da comunidade.

A JEC obriga ao goberno galego a retirar da súa páxina web discurso, nota de prensa e grabación do acto de sinatura do acordo entre PEMEX e as empresas estaleiras Navantia e Barreras.

A resolución feita pública esta mañá pola JEC vén a darlle a razón aos socialistas de Galicia en canto que denunciaban a utilización descarada dos medios públicos para uso partidista e como medio de propaganda electoral.

Neste sentido, puntualizan que calquera tipo de acordo que supoña postos de traballo que beneficia a Galicia, sempre contará co respaldo dos socialistas galegos, pero o que rexeitan é “a descarada manipulación do mesmo con fines electorais por parte do candidato do PP”.

Infrinxir a Lei Electoral

A Xunta Electoral de Galicia admitiu o pasado martes a denuncia presentada polo PSdeG-PSOE contra a presenza de Feijoo na sinatura do convenio de Barreras e Navantia con PEMEX por infrinxir a Lei Electoral.

Segundo constata a JEC, “a circunstancia da celebración do acto na sede da Presidencia da Xunta de Galicia, xunto a algunhas expresións do contido do discurso (como as referencias a que a Xunta de Galicia “ten desde fai tempo unha Administración eficiente e é a Comunidade máis solvente do Estado das Autonomías” ou que na sinatura dos contratos tivo algo que ver o Gabinete do Presidente) poden entenderse como alusións aos logros do Goberno autonómico contrarias á previsión do artigo 50.2 da LOREG”.

A denuncia realizada desde o PSdeG-PSOE evidenciaba que o PPdeG utilizou a páxina web da Xunta de Galicia como canle e medio de divulgación de información de partido, infrinxindo así a Lei electoral que foi modificada recentemente para garantir que os poderes públicos non incidisen nas campañas electorais.

Acto publicitario

O PSdeG-PSOE denunciou explicitamente que a sinatura do acordo entre PEMEX e as empresas galegas foi un acto publicitario, no que a administración da Comunidade non era parte nin motivo para presentar esta firma como unha consecuencia das actuacións do goberno autonómico. Estes feitos fixeron que se presentase a consecución e sinatura dos contratos como un logro do actual goberno e incorresen na prohibición da LOREG.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar