A irresponsabilidade de Feijóo devolve o Plan Eólico ao primeiro día

A irresponsabilidade de Feijóo devolve o Plan Eólico ao primeiro día

eolicoO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, explicou que centrará a sesión de control do próximo Pleno na “irresponsabilidade manifesta” de Feijóo co concurso eólico logo da sentencia do Tribunal Superior en contra da revisión dos plans. Preguntará a Feijóo polo fracaso da súa política económica, evidenciada tamén pola cancelación do terceiro flotel encargado por Pemex a Galicia.

Os dous casos serán esgrimidos polo portavoz socialista, que centrará a sesión de control sobre a “política de dislates” do presidente galego, que ten provocado unha “situación crítica” no sector eólico. Logo de paralizar o concurso posto en marcha polo goberno presidido por Touriño, lembrou, Feijóo comezou unha deriva que o ten situado, sete anos despois, “de novo no primeiro día” do proceso.

A sentenza do Tribunal Supremo, sinalou, invalida o concurso e evidencia que os 6.000 millóns de euros que este mobilizaría e os 13.000 empregos que crearía, de acordo coa Xunta, quedan agora en “nin un só Mw contratado, nin un euro xerado, nin un posto de traballo creado”.

Mentres, advertiu, o presidente da Xunta continúa co seu veto ás solicitudes de comparecencia presentadas polos socialistas, que esta vez reclamaron a súa presenza para falar da precaria situación do mercado laboral ou da perda da intermodalidade no proxecto de estación de AVE de Ourense.

Os socialistas incluirán sen embargo unha interpelación no próximo Pleno do Parlamento para debater as medidas de reactivación do mercado laboral e a situación das persoas desempregadas.

Urbanismo

Méndez Romeu anunciou a posición favorable dos socialistas galegos á tramitación urxente dunha Lei que permita desbloquear o problema do Plan de Ordenación Municipal de Vigo. Considera un “erro” a oposición dos restantes grupos da oposición a aceptar “unha norma breve para resolver un problema enorme” e anunciou que “melloraremos o texto” desta norma “ata onde sexa posible”.

O próximo Pleno do Parlamento, explicou, incluirá ademais unha moción sobre as políticas do goberno galego en materia de atención psicoxeriátrica e dúas proposicións non de Lei sobre a posta en marcha das recomendacións do Consello de Europa do cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritaias e sobre o mantemento de cláusulas chan nas hipotecas.

Dentro das iniciativas de control, o Grupo Socialista presentará unha interpelación sobre a aprendizaxe de lingua estranxeira no ensino público de Galicia e dúas preguntas orais sobre as manifestacións dos profesionais do Hospital privado de Vigo advertindo das deficiencias do centro e da caída do tráfico de mercadorías nos portos galegos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar