A intervención da Fiscalía é imprescindible para determinar responsabilidades xurídicas na xestión de NGB

A intervención da Fiscalía é imprescindible para determinar responsabilidades xurídicas na xestión de NGB

A intervención da Fiscalía é imprescindible para determinar responsabilidades xurídicas na xestión de NGB

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, considerou “imprescindible” a intervención da Fiscalía para determinar as responsabilidades xurídicas derivadas da xestión de NGB. Así o dixo na comparecencia do fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela, hoxe na Comisión de Investigación das caixas.

O responsable socialista reclamou a intervención do fiscal para clarificar as causas da desaparición do sistema financeiro galego a raíz da fusión das caixas encabezada polo goberno galego. Losada advertiu unha “responsabilidade política evidente” da Xunta presidida por Feijóo, ademais dos erros de dirección demostrados polos xestores das entidades.

Por este motivo quere que o fiscal depure agora as responsabilidades xurídicas, en concreto, dos feitos que levaron ao afundimento patrimonial das caixas que, dixo, “estaban valoradas supostamente en 3.000 millóns de euros e hoxe nos atopamos con que nos custaron 9.000 millóns de euros de diñeiro público procedente do FROB”.

Preferentes

Abel Losada instou ao fiscal a analizar tamén as resoponsabilidades derivadas da estafa das participacións preferentes en subordinadas, que afectan a 70.000 galegos e galegas que teñen os seus aforros “secuestrados” pola entidade. Finalmente, dixo que a xustiza debe depurar tamén as indemnizacións “indecentes e inxustificables” que se atribuíron a si mesmos os xestores das entidades no momento de abandonar os seus postos.

Losada puntualizou que a xestión da entidade ata o momento da súa desaparición como entidade galega para ser nacionalizada polo FROB rexistrou diversas decisións “claramente inmorais e susceptibles de ser analizadas pola fiscalía”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar