A inspección de Servizos Sociais da Xunta "non funciona"

A inspección de Servizos Sociais da Xunta "non funciona"

A inspección de Servizos Sociais da Xunta “non funciona”

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista presentou hoxe unha pregunta oral en Comisión parlamentaria para denunciar que a inspección dos servizos sociais da Xunta “non funciona”. Gallego advertiu que os apenas 14 inspectores que admite ter a Consellería resultan insuficientes para atender a tódolos centros de día, residencias, escolas infantís e demais que xestiona.

Gallego denunciou a falla de control nas concesións de xestión a empresas privadas, e alertou do risco de replicar casos semellantes aos rexistrados nos comedores dependentes da Consellería de Educación. Advertiu que a día de hoxe xa hai denuncias por comida en mal estado nunha residencia de Tomiño ou nunha escola de Vilagarcía.

Denunciou que a privatización dos servizos deriva en concesións a empresas con baixas temerarias de prezos que provocan unha caída drástica na calidade do servizo, polo que esixiu un “control exhaustivo de calidade”. Lamentou a falla de medidas adoptadas polo goberno galego fronte a estes casos logo de que eludiran responder “unha soa cousa concreta” para evitar estas situacións.

A pregunta de hoxe foi levada a Comisión logo de que a Xunta se negara dende o mes de outubro a responder por escrito ás preguntas dos socialistas galegos sobre o funcionamento dos servizos de inspección. Ademais, sinalou, “en lugar de render contas, o secretario xeral veu hoxe a lernos unha lexislación que xa coñeciamos para evitar darnos datos concretos”.

Os socialistas reclamaran coñecer as inspeccións desenvoltas, as anomalías detectadas e as sancións impostas polo goberno galego cumprindo coas súas competencias e as súas obrigas con respecto aos concertos e contratos de servizos públicos que xestionan entidades privadas.

Gallego advertiu que a crise económica obrigou a que empresas dedicadas a outro tipo de servizos acudiran a concertos e concursos de servizos sociais, que provocou unha “feroz competencia entre empresas que leva a baixas temerarias de prezos que logo repercuten na calidade dos seus servizos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar