A inoperancia da Xunta provoca colapso na tramitación das axudas da PAC a unha semana do remate do prazo

A inoperancia da Xunta provoca colapso na tramitación das axudas da PAC a unha semana do remate do prazo

A inoperancia da Xunta provoca colapso na tramitación das axudas da PAC a unha semana do remate do prazo

vacasO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, responsabilizou hoxe ao goberno galego do “colapso” na tramitación das axudas da PAC tan só unha semana antes do peche do prazo. García advertiu que a Consellería do Medio Rural está a amosar “as súas vergonzas” evidenciando graves deficiencias nas tramitacións. O responsable socialista remitiuse aos correos electrónicos enviados pola Consellería esta fin de semana, nos que recoñecía o baixo número de subvencións tramitadas e finalizadas, e nos que convida ás entidades colaboradoras a traballar durante a fin de semana. Estas mensaxes supoñen un “rosario de despropósitos” no que a Consellería recoñece que a aplicación non estivo operativa “pero que o estará mañá domingo”, ou mesmo abre a posibilidade de rexistrar as solicitudes e achegar a documentación a posteriori. Demostran en calquera caso “o que os socialistas viñamos denunciando reiteradamente ao longo destes meses, sempre con oídos xordos por parte da Administración”. O goberno galego demostra unha vez mais “o seu total abandono do sector e a súa inoperancia en todo aquilo que toca, desentendéndose dos problemas”. García subliñou que “se somos capaces de dar tramitado as axudas neste ano será a pesares da Consellería, que non

dedica un só recurso humano ou económico, e sobre todo grazas ao traballo incluído sábados e domingos das entidades colaboradoras”. A Consellería, lamentou, continúa sen escoitar á oposición, logo de que a propia directora xeral, ante a pregunta dos socialistas, desmentira e negara os problemas coas tramitacións nunha pregunta presentada en Comisión hai tan só dúas semanas. Daquela Pablo García sinalaba as deficiencias técnicas da aplicación informática que tramita as axudas, e que tardou un mes dende o inicio do prazo ata que estivo operativa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar