A incompetencia da Xunta coa Plisan provoca migración empresarial a Portugal

A incompetencia da Xunta coa Plisan provoca migración empresarial a Portugal

A incompetencia da Xunta coa Plisan provoca migración empresarial a Portugal

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, denunciou hoxe que a “incompetencia demostrada” polo goberno galego coa Plisan Salvaterra – As Neves “provoca a migración de empresas a Portugal e menos emprego industrial en Galicia”. Así o dixo no debate dunha interpelación no Pleno do Parlamento no que evidenciou o “baile de datas e orzamentos” comprometidos por Feijóo e puxo en cuestión a última data, xaneiro de 2017.

Losada dixo que o goberno galego leva “18 anos revolvendo e non resolvendo” a situación da Plisan Salvaterra – As Neves, cunha oportunidade perdida para a posta en valor de chan empresarial no sur de Galicia. Isto provoca, dixo, “a fuxida de empresas ao outro lado da raia e unha oportunidade perdida para a creación de emprego e a reactivación da actividade económica”.

O responsable socialista lembrou que logo da presentación da Platafoma, en 1998, o único goberno que comezou a facer movemento de terras foi o presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño, hai agora oito anos. Dende aquel momento o goberno de Feijóo estivo adiando o proxecto e deixando que un proxecto de solo industrial fundamental para o sur de Galicia se convertera nunha lagoa artificial de 17 metros de profundidade.

Losada criticou que o goberno galego non faga mais que aprazar as datas e provocar a fluctuación de orzamentos. Puxo en cuestión a última data comprometida para a súa posta en marcha, xaneiro de 2017, porque, explicou, aínda non hai proxecto aprobado de Edar nin subministro de augas, imprescindible para comezar coa actividade.

Lembrou que o goberno galego leva ofrecendo un “esperpento” dende o seu primeiro anuncio de licitación inmediata, en outubro de 2014, por 44 millóns de euros para adialo dous meses despois ata 2015, reducindo o investimento a 16 millóns de euros. A partir de aí “non fixeron nada ata o 5 de marzo”, día en que o goberno galego anunciaba un investimento de 16 millóns e o Ministerio de fomento 36 de investimento total.

Un mes despois, continuou, o proxecto aumentaba a 20,5 millóns de euros para licitar as obras sen que comezaran cos movementos de terras, e en maio o consello da Xunta anunciaba de novo a licitación da urbanización de 70 hectáreas por 13,5 millóns de euros. E así continúa o relatorio de anuncios coa suposta adxudicación de 10 millóns de euros para a primeira fase das obras en setembro de 2015.

O deputado socialista sinalou que, malia o que sinalaba o goberno galego, o certo é que “hai 15 días tan só había catro escavadoras” nun terreo aínda dominado pola enorme lagoa artificial.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar