A imputación de Dositeo Rodríguez cuestiona a súa imparcialidade como conselleiro de Contas

A imputación de Dositeo Rodríguez cuestiona a súa imparcialidade como conselleiro de Contas

A imputación de Dositeo Rodríguez cuestiona a súa imparcialidade como conselleiro de Contas

Consello de ContasO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo hoxe que a imputación de Dositeo Rodríguez por malversación, estafa e apropiación indebida como membro do Padroado da Fundación Cela cuestiona a súa imparcialidade como conselleiro de contas. Méndez Romeu presentou unha pregunta oral na Comisión de Economía na que alertou dun “conflito de intereses amplamente documentado” que afecta ao ex conselleiro.

O responsable socialista denunciou que a día de hoxe o goberno galego non se teña pronunciado sobre a situación na que se atopa este cargo histórico do PP, que terá que fiscalizar a Fundación na que presuntamente ten delinquido. Esta está agora xestionada pola súa filla, que xa era alto cargo cando acordou con Rodríguez simular o despido improcedente do seu predecesor para aumentar a indemnización en 54.000 euros.

Amosou a súa “sorpresa” por que o goberno galego leve un mes “sen dicir absolutamente nada”, que vai “contra o criterio básico de transparencia na administración”, máxime cando a reforma do Consello de Contas que quere aprobar o PP inclúe unha cláusula ad hoc para salvagardar o cargo de Dositeo Rodríguez logo da súa xubilación.

Méndez Romeu sinalou que lle corresponde ao goberno galego explicar “cómo pensa abordar a fiscalización das contas da entidade, declarada pública en 2010, por parte de quen está imputado pola súa xestión.

O goberno tampouco se ten pronunciado polo rosario de imputacións que pesan sobre os antigos membros do Padroado, como o ex conselleiro de Cultura Roberto Varela. Outros deles ocupan a día de hoxe sinalados cargos no PP, como o actual conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, ou o ex conselleiro de Cultura e hoxe investido alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Xestión irrelevante

O portavoz socialista lembrou que a Fundación ten sido declarada pública en 2010, se ben non foi asignada aos orzamentos da Xunta ata 2013, e “dende ese momento non se pode dicir que teñamos un exceso de información”. Criticou así que a información orzamentaria dos anos 13, 14 e 15 sexa “exactamente o mesmo, unha fotocopia do documento anterior que a Xunta da por válido sen obstáculo”.

Sinalou que a xestión da Fundación conseguiu un “desplome dos ingresos propios” e ten como “único obxectivo declarado” na súa Memoria acadar as 3.000 visitas anuais, o que cualificou de “peor que simbólico, é irrelevante” para o ente que custodia o legado do nobel galego.

A Xunta aporta a día de hoxe o 80 por cento dos orzamentos da Fundación, da razón de 250.000 euros, mentres o resto recae na Deputación Provincial e o Consello de Padrón. O 70 por cento do seu orzamento está dedicado a custes de persoal, nos que figuran 7 empregados declarados nos seus orzamentos, malia que a Consellería de Presidencia tan só recoñecera un traballador nunha resposta remitida ao PSdeG o pasado 22 de maio.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar