A improvisación da Xunta no reparto das cotas de pesca sitúan á flota galega "no fío da navalla"

A improvisación da Xunta no reparto das cotas de pesca sitúan á flota galega "no fío da navalla"

A improvisación da Xunta no reparto das cotas de pesca sitúan á flota galega "no fío da navalla"

Pesca_Flota_BarcosO portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, acusou á Xunta de obrigar á flota de cerco galega a situarse “no fío da navalla” coa sucesiva perda de capacidade e dereitos de pesca en tódalas especies. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Pesca do Parlamento, na que criticou a “improvisación e falla de criterio” da Xunta no reparto das cotas de pesca.

Tanto a xarda como o xurelo como a situación da pesca da sardiña sofren as consecuencias do desleixo do goberno galego, que deixa á flota galega, a mais importante do Estado, discriminada con relación a outras comunidades autónomas. A improvisación e falla de claridade da Xunta, que “vai a remolque”, permite un trato desigual que pon en risco a supervivencia das empresas pesqueiras galegas.

Criticou que a conselleira leve seis meses co plan de xestión da sardiña sobre a mesa “sen facer nada”cando os 400 buques de España e Portugal teñen que repartirse 19.000 toneladas e os 50 vascos, que descargaron 14.000 toneladas en 2013, viron á súa zona quedou excluída do plan.

Explicou que os barcos de cerco estanse a converter en empresas “inviables” cando ven que terán pechada a pesqueiría da sardiña ata marzo, que onde antes recollían 7.000 quilos diarios agora teñen que conformarse con menos de 2.000 á semana durante só tres meses.

A mesma situación reflíctese na pesca da xarda, na que Galicia perderá o 25,5 por cento das posibilidades de pesca tendo a flota mais importante, ou no xurelo, recortado nun 26 por cento na zona VIII c.

A situación do xurelo é sintomática, dixo, a falla de criterio do goberno, xa que no reparto de 2015 a flota galega é “castigada” cun maior recorte por unha suposta sobrepesca de 1.554 toneladas mentres comunican que o ano pasado deixáronse de pescar 1.000 toneladas no cómputo global.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar