A implantación "atropellada e trapalleira" da FP Básica "só quere tapar as estatísticas de fracaso escolar"

A implantación "atropellada e trapalleira" da FP Básica "só quere tapar as estatísticas de fracaso escolar"

A implantación "atropellada e trapalleira" da FP Básica "só quere tapar as estatísticas de fracaso escolar"

Vicente Docasar alerta de que “non poderá en ningún caso mellorar as estatísticas reais de éxito escolar”.

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, criticou a implantación “caótica e trapalleira” da FP Básica co único obxectivo de “maquillar as estatísticas de fracaso escolar”. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Educación do Parlamento onde denunciou o “lamentable seguidismo” que está a demostrar o goberno galego diante da política educativa do ministro Wert.

Vicente Docasar advertiu que a implantación desta nova modalidade, que vén substituír ás PCPI que “estaban funcionando razoablemente ben” coa única intención de retirar da estatística aos alumnos menos brillantes do sistema. Advertiu que esta burda manobra “non servirá para maquillar as estatísticas de éxito escolar” .

Explicou que mentres ata o momento os grupos de alumnos dos PCPI oscilaban entre 12 e 15, agora na denominada FP Básica pasarán a 20, “aínda que na propia lei chega a falarse de grupos de 30” alumnos por cada curso. Dixo neste sentido que “pretender dar unha boa atención a este tipo de alumnado duplicando o número de rapaces por aula é unha auténtica insensatez”.

O responsable socialista dixo que a situación da FP Básica constitúe unha consecuencia mais dunha Lei imposta polo goberno galego en contra de todo o sector educativo, impoñendo ademais un calendario de aplicación “inasumible, improvisado, caótico e trapalleiro”. O malestar da comunidade educativa é xa “un auténtico clamor”, dixo, logo das protestas do profesorado e dos equipos directivos que teñen recibido nos últimos meses a información “tarde, mal e arrastro”.

Acusou ao goberno galego de facer “seguidismo servil” dun ministro de Educación que publicou o decreto coa oferta educativa “un día antes do inicio das clases”, e ademais sen contar cun financiamento claro e preciso para a implantación da nova Lei.

Lembrou que, mentres o PP reducirá o investimento en educación ao 3,9 por cento do PIB a finais de 2015, o novo secretario xeral do PSOE; Pedro Sánchez, ten adquirido publicamente un compromiso de levar o investimento educativo ata o 7 por cento nos próximos 8 anos.

Despropósito

O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que “reconduza este despropósito e inicie de maneira inmediata un diálogo serio e sosegado coa comunidade educativa para implantar con garantías, con financiamento axeitado e con prazos razoables a FP Básica en Galicia”.

Engadiu que implantar a nova normativa sen financiamento e coa premura que están asumindo constitúe “unha auténtica barbaridade” e “un auténtico despropósito”, polo que reclamoulles que “deixen de improvisar e de facer “ seguidismo servil ” do ministro Wert.

Recomendoulle ao ministro de Educación que siga os pasos de Gallardón e por pura coherencia presente a súa dimisión, e se non o fai voluntariamente sexa cesado polo presidente Rajoy, por todo o e que leva feito coa educación deste país”.

Vicente Docasar rematou a súa intervención dicíndolle ao Director Xeral de Educación que a implantación da FP Básica “traerá consigo máis alumnos nas aulas-taller, menos grupos e menos perfís nos institutos das nosas vilas e cidades, un financiamento incerto desta nova modalidade de ensino”. Preguntouse “onde está pois a mellora que anuncian Wert e os seus leais seguidores en Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar