A herdanza de Feijóo: mais paro, mais precariedade e mais emigración

A herdanza de Feijóo: mais paro, mais precariedade e mais emigración

A herdanza de Feijóo: mais paro, mais precariedade e mais emigración

cola-del-paroA viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, advertiu hoxe que “a herdanza” que Feijóo deixará en Galicia consiste en “mais paro, mais precariedade e mais emigración nunha Galicia encollida, mais pequena e sen esperanza de futuro. Así o dixo logo de coñecer os últimos datos do paro, que aumentou en 2.005 persoas mentres os afiliados á Seguridade Social descenderon en mais de 5.700 peroas.

A responsable socialista explicou que a diferenza entre a suba do desemprego e a caída na afiliación á Seguridade Social significa que “a xente marcha de Galicia porque non ten oportunidade de emprego e que deixa de inscribirse nas listas do paro porque non lles serve e non lles da solución aos seus problemas”.

Sinalou ademais que, de acordo con estes datos, o comportamento do emprego é peor en Galicia que no resto do Estado, xa que a porcentaxe de parados aumenta mais nesta Comunidade Autónoma. Ademais, a precarización do mercado laboral é “cada vez maior”, como demostran as taxas de temporalidade, situadas xa no 93 por cento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar