A grave situación laboral da comarca da Coruña, a debate no Parlamento

A grave situación laboral da comarca da Coruña, a debate no Parlamento

A grave situación laboral da comarca da Coruña, a debate no Parlamento

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe que a partir desta fin de semana, en canto estea habilitado o rexistro do Parlamento, os socialistas presentarán iniciativas parlamentarias sobre a “grave situación” do emprego e o sector industrial da comarca de A Coruña.

Así o dixo logo dunha visita á sede comarcal de UGT xunto cos deputados socialistas da provincia, os representantes nas Cortes e o Grupo municipal, na que estudaron os efectos da pasividade do goberno galego diante da difícil situación de diversas empresas punteiras dunha das principais áreas industriais de Galicia.

Fernández Leiceaga mantivo un encontro co secretario comarcal do sindicato, Santiago Carrillo, e os delegados sindicais de empresas como Alcoa, Ferroatlántica, Excel ou o banco Pastor – Popular, un exemplo da grave situación da comarca.

O responsable socialista anunciou iniciativas parlamentarias para que o goberno galego estea atento á subhasta de bloques de enerxía convocada para novembro e acade as mellores condicións para atender ás necesidades de empresas como Megasa ou Ferroatlántica. Sinalou que a pesares do tardío da convocatoria, e das peores condicións, “debemos aproveitar os resquicios que deixa a subhasta e a Xunta debe explotar ao máximo as nosas posibilidades”.

Tamén centrou a súa atención na situación do sector de telemárketing, que desta volta afecta a unha empresa como Excel, “pero poderían ser outras empresas na Coruña”, unha comarca que asume o conxunto dos axustes laborais para un sector xa de por si precarizado. Dixo que “a Xunta debe velar para que Galicia e A Coruña non sexan discriminadas” e reclamou que defenda a “necesaria atención en galego e castelán”.

Os socialistas galegos defenderán tamén, explicou, a situación do persoal do Grupo Pastor – Popular, que está a padecer “os lodos” derivados da fusión bancaria, e que incide directamente na exclusión financeira de moitos territorios de Galicia polo peche de sucursais. Reclamou que o goberno galego defenda un “acceso fácil” da cidadanía ás entidades bancarias nunha rexión avellentada e con dispersión da poboación como Galicia.

Leiceaga analizou tamén a situación de Ferroatlántica, logo dunha serie de encontros co comité de empresa en Cee e Dumbría dunha empresa que dispón en Coruña dunha planta relevante. Anunciou que “seguiremos con atención o proceso -de segregación- para evitar que as necesidades de facer caixa de Villar Mir afecten negativamente ao emprego e á produción industrial de Galicia”.

UGT

O secretario comarcal de UGT, José Carrillo, criticou pola súa banda o desleixo do goberno galego, unha pasividade que provoca a “perda de emprego e o peche de empregos de calidade con salarios dignos”. Sinalou graficamente que “pechan empresas diante dos fuciños –da Xunta- sen que se preocupen de buscar alternativas” para os traballadores e para a industria galega.

O encontro desta mañá contou coa presenza, ademais do portavoz socialista, dos outros catro deputados da provincia, Begoña Rodríguez Rumbo, Juan Manuel Díaz Villoslada, Loli Toja e José Manuel Pérez Seco, do senador Ángel Mato –o deputado Ricardo García Mira ausentouse por ter Pleno no Congreso, e representantes do Grupo Municipal encabezados polo portavoz, José Manuel Dapena.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar