A "fuxida a ningures" da Xunta sitúa á lingua en "claro risco de desaparición"

A "fuxida a ningures" da Xunta sitúa á lingua en "claro risco de desaparición"

A "fuxida a ningures" da Xunta sitúa á lingua en "claro risco de desaparición"

Vicente DocasarO deputado socialista Vicente Docasar cualificou hoxe a política lingüística da Xunta de “fuxida cara a ningures” que está a provocar un “claro risco de desaparición da lingua galega”. Así o dixo na comparecencia do Secretario Xeral de Política Lingüística para informar da promoción e dinamización da lingua.

Docasar explicou que a redución de recursos, pasando de 21,5 millóns en 2009 a 6,7 en 2015, xunto coa falla de planificación e a rotura do consenso lingüístico polo PP está a provocar que a lingua oficial de Galicia perda falantes por primeira vez en democracia. Aludiu así aos datos do Instituto Galego de Estatística, que revelan un descenso preocupante de falantes en galego, pasando do 57 ao 44 por cento da poboación.

O responsable socialista censurou a xestión xenérica, indefinida e continuísta do goberno galego, carente dunha planificación “minimamente razoable” no sentido de “acadar, a lo menos, obxectivos de protección e conservación”. Esta vai unida, dixo, a unha “choiva fina de subvencións e gastos dispersos e inconexos dirixidos a calar algunhas bocas e favorecer algunhas outras por razóns manifestamente ideolóxicas”.

Criticou que a Xunta quere facer do galego “unha reliquia, un parque temático que só se amosa en datas sinaladas” mentres abandonan a edición en galego, retiran a axuda aos concellos e suprimen as axudas aos centros educativos para fomentar o uso do galego. O uso do galego nin sequera é promocionado nos medios de comunicación nin nas políticas culturais, que reciben “un gran silencio, como se xa non existira”.

Vicente Docasar instou ao goberno galego a “recuperar o consenso lingüístico en torno ao Plan de Normalización” que romperon no seu día “por un puñado de votos” e que pasou a utilizar a lingua galega como unha arma arreboladiza. Un imprescindible acordo, explicou, que faría innecesarias unhas medidas de impulso que cualificou de “ocorrencias para facer propaganda e autobombo” en época electoral.

Acusou ao goberno galego de presentar estas medidas no Parlamento logo de facela pública diante dos medios utilizando aos deputados autonómicos “como actores e actrices secundarios dunha película que xa vimos”, lamentando dese xeito o voceiro socialista a falla de respecto institucional.

O verdadeiro motivo da comparecencia, concluíu, é “tapar a súa mala conciencia” logo de atacar ao galego cunha “política DDT –Desprestixio, Desleixo e Trampantoxo folclórico-” e unha proposta orzamentaria que “ten afondado e agravado a situación de desleixo e estrago posta en marcha polo Presidente Feijóo dende a súa chegada ao goberno galego en 2009 e co único fin de conseguir en troques un puñado de votos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar