A fusión de Cerdedo e Cotobade, un "feito puntual" para un mundo local "peor hoxe que hai sete anos"

A fusión de Cerdedo e Cotobade, un “feito puntual” para un mundo local “peor hoxe que hai sete anos”

Pleno del parlamento

Pleno del parlamento

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo que a fusión de Cerdedo e Cotobade, anunciada hoxe por Feijóo, supón “feitos puntuais que non significan un cambio en profundidade”. Dixo que “o mundo local está en peores condicións hoxe que hai sete anos”, cando chegou Feijóo á Xunta de Galicia.

O responsable socialista criticou que nesta etapa o presidente da Xunta “desprezou as oportunidades de cooperación supralocal”, mentres o goberno central “coa colaboración da Xunta impediu o desenvolvemento da autonomía local, cercenou as competencias dos concellos e conxelou todo tipo de financiamento”.

Méndez Romeu mesmo ironizou co anuncio de hoxe, do que dixo constitúe “un paso máis na fusión de concellos que impulsa Feijóo, a razón de un por lexislatura, polo que probablemente ata dentro de 200 ou 300 anos non teremos unha modificación significativa do mapa municipal”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar