A fusión de Cerdedo e Cotobade modifica o reparto de escanos na Deputación a favor do PP

A fusión de Cerdedo e Cotobade modifica o reparto de escanos na Deputación a favor do PP

A fusión de Cerdedo e Cotobade modifica o reparto de escanos na Deputación a favor do PP

A portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe ao goberno galego de “agochar que a fusión de Cerdedo e Cotobade altera os partidos xudiciais e polo tanto o reparto de escanos na Deputación de Pontevedra”. A deputada socialista advertiu que o novo reparto podería desviar nas próximas eleccións “un ou mesmo dous escanos” a favor do PP.

A deputada socialista acusou ao goberno galego de impoñer as súas “necesidades políticas concretas e temporais” fronte ás necesidades da cidadanía, e por iso promoveu a fusión “sen ter en conta a realidade social, económica, política e institucional” e “dende logo sen preguntarlle nada aos veciños e veciñas”.

Advertiu que o goberno “fica mudo” sobre este estremo mentres o alcalde de A Estrada aseguraba que Cotobade se integraría no seu partido xudicial, mentres o alcalde de Cotobade “di o propio do seu Concello”, integrado no de Pontevedra.

O certo, sinala Vilán, é que a integración dos dous concellos no Partido Xudicial de Pontevedra alteraría o reparto de escanos supostamente en favor do PP de acordo cos últimos resultados das eleccións municipais.

Patricia Vilán ironizou con que “por suposto non ten nada que ver que teña sido o conselleiro de Vicepresidencia e secretario xeral saínte do PP, Alfonso Rueda, o promotor da fusión, e que o seu destino político sexa a presidencia do PP de Pontevedra, e dende logo que non terá pensado postularse como membro da Deputación Provincial cando volva haber eleccións municipais”.

Criticou que “o goberno non di nada de que esta medida poida alterar algún dos dous partidos xudiciais, o que, ademais de modificar o reparto de escanos, implicaría unha fonda alteración do funcionamento da xustiza, da accesibilidade dos cidadáns e dos custes asociados”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar