A fusión de Cerdedo e Cotobade é un feito puntual para o mundo local, hoxe en peores condicións que hai 7 anos

Méndez Romeu critica que o goberno do PP “impediu o desenvolvemento da autonomía local, cercenou competencias e conxelou todo tipo de financiamento” para os concellos.

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo que a fusión de Cerdedo e Cotobade, anunciada hoxe por Feijóo, supón “feitos puntuais que non significan un cambio en profundidade”. Dixo que “o mundo local está en peores condicións hoxe que hai sete anos”, cando chegou Feijóo á Xunta de Galicia.

O responsable socialista criticou que nesta etapa o presidente da Xunta “desprezou as oportunidades de cooperación supralocal”, mentres o goberno central “coa colaboración da Xunta impediu o desenvolvemento da autonomía local, cercenou as competencias dos concellos e conxelou todo tipo de financiamento”.

Méndez Romeu mesmo ironizou co anuncio de hoxe, do que dixo constitúe “un paso máis na fusión de concellos que impulsa Feijóo, a razón de un por lexislatura, polo que probablemente ata dentro de 200 ou 300 anos non teremos unha modificación significativa do mapa municipal”.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar