A fusión das leis de Igualdade por parte da Xunta resulta "innecesaria e inútil"

A fusión das leis de Igualdade por parte da Xunta resulta "innecesaria e inútil"

A fusión das leis de Igualdade por parte da Xunta resulta "innecesaria e inútil"

Carmen AcuñaA portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamou hoxe a devolución do Decreto lexislativo que refunde a Lei de Igualdade de 2004 e a Lei de Igualdade no Traballo de 2007 por “innecesario e inútil”. Os socialistas presentaron na Comisión de Igualdade unha emenda para pedir a devolución do texto, que foi rexeitada polo PP, co que a Lei será debatida no Pleno do Parlamento.

Acuña explicou que o texto final resulta “desequilibrado e sen xeito”, centrándose sobre todo na Lei de Igualdade no Traballo, introducindo a “incompleta e insuficiente” Lei de Igualdade e obviando a Lei contra a Violencia de Xénero. Advertiu que “antes de simplificar, estamos en fase de desenvolver”, criticando a fusión destas normas recentes antes de que se teña acadado a súa aplicación completa.

Advertiu que a decisión do goberno “prexudica á igualdade” xa que “non introduce nada, senón que saca, suprime, recorta e modifica á baixa” as disposicións en materia de igualdade. Aludiu así á supresión de comisións previstas na Lei de Igualdade “pensadas para a aplicación da Lei”, así como dos “órganos que aproximan o goberno ao tramado asociativo das organizacións que loitan contra a violencia de xénero”.

Sinalou que “esta refundición vai servir para evidenciar a falla de interese que ten Feijóo en materia de igualdade, tanto na súa lexislación como no seu financiamento”. Aludiu a que o orzamento do goberno galego en materia de igualdade ascenda a 7 millóns de euros, o 0,007 por cento do orzamento total da Xunta, e reclamoulle ao PP que “deixen de buscar escusas para recortar e suprimir o pouco que temos en materia de igualdade”.

Nula efectividade

Carmen Acuña reclamou a devolución dun texto que, lonxe de garantir unha normativa beneficiosa e axeitada, dispón dunha “efectividade moi limitada, cando non inútil ou nula”. Ademais, dixo, introduce confusión lexislativa, xa que “parece que constitúe unha auténtica Lei integral sobre igualdade, cando do seu contido non se pode derivar tal condición”.

Ademais, as súas carencias fan do texto unha lei “claramente insuficiente e incompleta”, e cuestionou que o goberno galego anunciara a refundición, antes dun ano, da normativa sobre pesca, gardacostas e confrarías de pescadores; tributos propios; política industrial; portos e igualdade, si ben a de igualdade e unha das dúas que cumpren co prazo fixado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar