A forza dos feitos demostra o fracaso e a mentira da Xunta cos encargos de Pemex

A forza dos feitos demostra o fracaso e a mentira da Xunta cos encargos de Pemex

A forza dos feitos demostra o fracaso e a mentira da Xunta cos encargos de Pemex

O portavoz de Industria e I+D do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo hoxe que a renuncia ao segundo flotel e á base de Langosteira por parte de Pemex demostra que “a forza dos feitos imponse aos esforzos publicitarios de Feijóo e evidencia o fracaso na súa política industrial”.

O responsable socialista anunciou unha batería de iniciativas parlamentarias para que o goberno galego dea conta do incumprimento dos anuncios de produción naval relacionados coa petroleira mexicana. Esixiulle a Feijóo “máis preocupación e máis xestión para garantir a construción de buques e por que as empresas foráneas veñan producir riqueza e postos de traballo”.

Lamentou que o goberno galego demostre “estar máis preocupado por venderlle os nosos estaleiros a prezos de saldo a grupos foráneos que de incentivar e consolidar a industria naval galega”. Sinalou que “mellor non iría se se tiveran preocupado de garantir buques e de facer caso das nosas advertencias en lugar de acusar aos socialistas galegos de ir contra o naval galego cando o único que queremos é construír barcos”.

Estratexia errada

O parlamentario socialista sinalou que a pésima noticia para o naval galego evidencia “unha estratexia errada por parte do goberno galego, que pretende supeditar a situación económica real aos seus intereses propagandísticos particulares”. A realidade é que a “pretendida internacionalización da economía galega pivota unicamente no téxtil e na automoción”.

Losada advertiu que hoxe “o naval carece dun horizonte de futuro solvente de cara á exportación” logo de que o que o goberno galego fixera fora “tutelar a venda da participación maioritaria no estaleiro Barreras por un prezo irrisorio”.

Urxiu un cambio radical na política industrial do goberno galego para garantir “exportación maioritaria cumprindo coas condicións laborais e medioambientais dun país propio da Europa desenvolvida”, mentres a Xunta “pretende confundir a internacionalización coa descapitalización do sistema produtivo galego”. Reclamou así unha “estratexia dirixida a competir pola vía da innovación e non pola vía dos salarios baixos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar