A Feijóo "nin lle ocupa nin lle preocupa" o aumento imparable do desemprego

A Feijóo "nin lle ocupa nin lle preocupa" o aumento imparable do desemprego

A Feijóo "nin lle ocupa nin lle preocupa" o aumento imparable do desemprego

cola-del-paroA portavoz de Emprego do Grupo Socialista, María Quintas, criticou hoxe que ao goberno galego “nin lles ocupa nin lles preocupa” o incremento “imparable” do desemprego en Galicia. Así o dixo logo de coñecer o veto do PP a unha moción socialista dirixida a ampliar a protección por desemprego aos colectivos mais vulnerables mentres a taxa de paro non baixe do 15 por cento.

A responsable socialista criticou a falla de compromiso do PP e do goberno galego e a “frivolidade” á hora de “lembrar tan só o pasado, non afrontar o presente e deixarnos sen futuro”. Explicou que a xestión desastrosa de Feijóo provocou que Galicia fora a cuarta Comunidade Autónoma que mais desempregados incorpora en xaneiro, destruíndo 13.000 empregos e sumando 7.000 parados mais.

A responsable socialista apelou á “ética e decencia” do goberno galego para “resolver a situación dos milleiros de persoas que padecen a lacra do desemprego. Acusounos de manterse “impasibles” con 600.000 galegos na pobreza, entre eles 120.000 menores, 93.000 familias con tódolos seus membros en paro, 55.000 fogares viven unha situación de pobreza severa e 30.000 non teñen ningún ingreso.

Quintas censurou a “soberbia e frivolidade” do presidente da Xunta, que prometeu “acabar co paro en 45 días” mentres dous de cada tres persoas desempregadas están hoxe sen cobertura.

Cualificou de “lamentable” que a propia conselleira de Traballo reduza cada ano o investimento para a creación de emprego “mentres Gerardo Crespo os ameaza e extorsiona publicamente”. Aludiu así ao principal imputado da Operación Zeta, que investiga o desvío de fondos para cursos de formación da Consellería de Traballo e que presuntamente foron destinados ao financiamento irregular do PP.

Iniciativa

A responsable socialista reclamou protección por desemprego para tódalas persoas desempregadas que leven mais de un ano inscritas nos Servizos Públicos de Emprego, teñan responsabilidades familiares e cumpran cos requisitos de carencia de rendas. O subsidio tamén se estenderá ás mulleres vítimas de violencia de xénero, aquelas persoas que cunha minusvalía por enriba do 33 por cento.

Tamén será percibida polas persoas paradas maiores de 45 anos, cando esgotasen a Renda Activa de Inserción ou se contrataran dentro dos 365 días naturais anteriores á data da solicitude de dereito á admisión ao devandito Programa. O subsidio será percibido por estas persoas mentres continúen en situación de desemprego e a lo menos ata que a taxa de paro estea por debaixo do 15 por cento.

Os socialistas reclaman ademais ao goberno galego que se dirixa aos interlocutores sociais para implementar de inmediato un Plan de emprego específico para as persoas en desemprego de longa duración. Este plan incluirá ademais “o aumento da dotación dos Servizos Públicos de Emprego nun mínimo de 200 técnicos especializados na orientación e promoción de emprego en Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar