A Feijóo "fáltalle valor" para dar conta dos 15 centros de saúde e da ampliación do Hospital do Salnés adxudicados a Cofely

A Feijóo "fáltalle valor" para dar conta dos 15 centros de saúde e da ampliación do Hospital do Salnés adxudicados a Cofely

A Feijóo "fáltalle valor" para dar conta dos 15 centros de saúde e da ampliación do Hospital do Salnés adxudicados a Cofely

Centro_de_Saúde_de_Quintela_de_LeiradoA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, criticou a “notable falta de valor” demostrada por Feijóo e o PP para eludir dar conta da situación dos 15 centros de saúde adxudicados á empresa Cofely, implicada na trama de corrupción e adxudicacións irregulares investigada na Operación Púnica.

No debate dunha proposición non de Lei para pedirlle á Xunta que cumpra o Pacto Local asumindo os gastos dos centros de saúde e dos PACs, a responsable socialista advertiu que as concesións da Xunta a esta empresa poden supor en primeiro lugar a paralización de 15 centros de saúde.

Ademais, advertiu que de paralizar tamén a ampliación do Hospital do Salnés, o goberno galego pode perder os fondos comunitarios que obrigan á execución da obra nun prazo limitado.

Acuña amosou a súa desconfianza nas adxudicacións do goberno galego, e censurou que “con isto do Cofely pidan un acto de fe” e que “creamos que nunha empresa na que resulta que todas as adxudicacións que asumiu en toda España foron feitas en fraude e corruptas salvo en Galicia, onde Feijóo garante que todo foi feito con luz e taquígrafos”.

Pacto Local

A deputada socialista reclamou hoxe que a Xunta o cumprimento do Pacto Local para asumir a xestión de tódolos centros de saúde e dos PACs que aínda non foron transferidos. Acuña advertiu que o goberno galego aínda non ten asumidos 200 dos 238 centros de saúde que estaban pendentes na primeira lexislatura de Feijóo, e “polo que vemos nos orzamentos tampouco pretenden facelo en 2015”.

Advertiu que o goberno galego quere utilizar esta situación como “instrumento para seguir facendo trampas de cara ás eleccións municipais”, xa que deixan aos centros desatendidos, obrigando aos concellos a asumir uns custes que non lles corresponden. O paso seguinte, dixo, é denunciar aos alcaldes socialistas polos reparos que poñen os técnicos municipais a estes gastos e así “chegar ás eleccións cos alcaldes no xulgado”.

Criticou que “detrás de todo isto o que hai é mais Feijó, mais incumprir as leis provocando que as administracións locais tampouco poidan cumprilas” o que evidencia que “buscan mais cofelys e mais enviar aos alcaldes aos xulgados”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar