A FEGAMP esixe á Xunta, a proposta de Alfredo García, o mantemento do orzamento para os programas de cooperación

A FEGAMP esixe á Xunta, a proposta de Alfredo García, o mantemento do orzamento para os programas de cooperación

A FEGAMP esixe á Xunta, a proposta de Alfredo García, o mantemento do orzamento para os programas de cooperación

Moitos concellos se verán abocados a eliminar servizos fundamentais pola redución do presuposto da Xunta

A Federación de Municipios pide incrementar en 15 millóns o Fondo Galego de Cooperación

Se solicitará a axilización do deseño e implantación dos novos Grumir

A Comisión Executiva da FEGAMP aprobou esixir á Xunta de Galicia e ao goberno central o mantemento dos fondos para os Programas de Cooperación en cantidades similares aos que tiña en anos anteriores. O acordo, adoptado por consenso, foi froito dunha proposta realizada polo portavoz do PSdeG-PSOE e vicepresidente primeiro da FEGAMP, Alfredo García, na xuntanza desta mañá.

Ademais desta cuestión, decidiuse solicitar cambios na distribución dos Fondos de Cooperación Local para os Concellos, cun incremento de 15 millóns de euros e pedirase unha xuntanza urxente do Grupo de Traballo de Emerxencias para tratar de axilizar o deseño e implantación dos novos Grumir de Galicia. Tamén nestes casos, os acordos se adoptaron tras a proposta presentada por Alfredo García.

No relativo aos Programas de Cooperación, decidiuse, por consenso, manifestar a oposición da FEGAMP á redución rexistrada no orzamento aprobado para este ano. O recorte supón que moitos concellos terán que renunciar a prestar servizos esenciais aos veciños, ademais de incidir de xeito negativo no emprego de todos os municipios.

Por elo, o acordo da FEGAMP inclúe tamén esixir “á Xunta e ao goberno central que a situación existente este ano non volva a repetirse para o próximo exercicio, arbitrando as medidas que sexan precisas para manter partidas similares a dos anos pasados”. Ademais, pedirase que, en todo caso, a orden que regula os Programas de Cooperación se negocio coa FEGAMP, co fin de obter o maior consenso posible cos concellos neste asunto.

Alfredo García presentou outra proposta relativa ao Fondo Galego de Cooperación Local, que cada ano reciben os concellos, cunha cuantía establecida con criterios obxectivos. Neste senso, a FEGAMP pretende que, antes de finais de xullo, se celebre unha xuntanza do grupo financeiro do Pacto Local, co fin de determinar as súas condicións para o próximo exercicio de 2013.

A FEGAMP solicitará que ese fondo se incremente en 15 millóns de euros, distribuído de acordo a criterios obxectivos entre todos os Concellos de Galicia. Este incremento non suporá maior gasto por parte da Xunta, xa que se nutriría cos fondos procedentes das ordes de axuda ou subvencións que se consideren oportunas. Deste xeito, a FEGAMP pretende un reparto máis igualitario dos fondos para entidades locais que aporta a Xunta, e reducir a concesión de axudas ou subvención que convocan cada ano as Consellerías e que se adxudican en concorrencia competitiva, polo que a súa concesión non é ni controlable nin previsible.

Por último, e tamén a proposta do portavoz do PSdeG na FEGAMP, tratouse a marcha das xestións para o deseño e implantación dos novos Grumir de Galicia. En opinión deste organismo, e según o acordo adoptado por unanimidade, é necesario axilizar esta cuestión, co fin de lograr a aprobación dos novos Grumir en poucos meses, xa que a partir do 1 de xaneiro de 2013 non poderá crearse novos grupos.

Por elo, a FEGAMP solicitará que, de xeito inmediato, se convoque unha xuntanza do Grupo de Traballo de Emerxencias –para a súa celebración antes de fin do mes de xullo- na que avanzar no deseño e implantación dos novos Grumir de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar