A falla de vontade de Feijóo fará que Ferrol pase de ser unha cidade industrial a ser unha cidade de parados

A falla de vontade de Feijóo fará que Ferrol pase de ser unha cidade industrial a ser unha cidade de parados

A falla de vontade de Feijóo fará que Ferrol pase de ser unha cidade industrial a ser unha cidade de parados

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou a “falla de vontade de goberno para salvar Ferrol”, o que provocará que “deixe de ser unha cidade industrial para ser unicamente unha cidade de parados”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para esixirlle á Xunta que cumpra cos compromisos asumidos por Feijóo con Ferrol, que foi rexeitada polo PPdeG.

Os socialistas reclamaron hoxe o cumprimento dos compromisos acadados por Feijóo coa cidade en cada unha das últimas tres convocatorias electorais, como son o dique flotante, o Centro de Reparacións e dotar de carga de traballo inmediata aos estaleiros, ao tempo que asume responsabilidades políticas polos seus incumprimentos reiterados coa cidade.

O parlamentario socialista lembrou tamén o compromiso do contrato con Pemex, que segundo Feijóo en febreiro 3.000 persoas estarían construíndo 33 barcos, cando a realidade é que hai 400 empregos para un só barco. Criticou que o presidente da Xunta responsabilice a Navantia “esquecendo que se trata dunha empresa pública que depende do goberno galedgo”.

Méndez Romeu lembrou a folga xeral que se vive hoxe nas rúas da cidade contra os “fracasos e enganos” do presidente da Xunta coa cidade, que o levaron ao punto de “fuxir de Ferrol como de calquera compromiso en política industrial”. Lamentou que en lugar de actuacións certas, Feijóo teña optado por “descualificacións, anuncios irrelevantes e inacción diante das necesidades das persoas e o interese das empresas”.

Sinalou que a cidade “ten vocación industrial, capacidade tecnolóxica, pero non se pode substituír por unha actuación que non sexa o compromiso firme de investimentos” por parte do goberno galego. Reclamou a “iniciativa activa do goberno” para paliar a situación dunha cidade que veu cómo á situación de Navantia se unen os serios problemas en empresas como Alstrom, Gamesa, Privilege, Poligal ou Megasa.

Maior paro de Galicia

Méndez Romeu puntualizou que o desleixo do goberno galego ten provocado que a comarca de Ferrolterra teña hoxe o paro mais alto de Galicia, cun 32 por cento de desempregados, chegando a que haxa tanta xente traballando como no paro. Sinalou que a xestión de Feijóo provocou que dende o ano 2009, na súa chegada ao goberno, o desemprego medrara nesta cidade un 135 por cento.

Esta cidade, dixo, perdeu en torno a 10.000 habitantes en 15 anos, o que supón un 15 por cento da poboación, converténdose na cidade galega que perde mais poboación, a única gran vila que diminúe e “unha das de España con maior perda demografica”. Mentres, dixo, “Feijóo demóstrase tan pródigo en promesas como esquivo en actuacións”, e lembrou a súa “responsabilidade directa por omisión, ausencia ou desinterese”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar