A falla de política industrial de Rajoy e Feijóo agudiza os problemas de Alcoa e leva por diante ao sector

A falla de política industrial de Rajoy e Feijóo agudiza os problemas de Alcoa e leva por diante ao sector

A falla de política industrial de Rajoy e Feijóo agudiza os problemas de Alcoa e leva por diante ao sector

O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe que Feijóo teña renunciado a calquera tipo de política industrial, agudizando problemas como os que están vivindo as plantas de Alcoa en Galicia. Así o dixo logo do encontro co Comité de Empresa da factoría de A Coruña, onde reclamou a diminución dos custes da enerxía e aumento dos investimentos.

 

Leiceaga dixo que “Feijóo prescinde de calquera tipo de política industrial e da lugar a uns problemas que se suman aos que causa a propia crise e que está a levar por diante ao tecido industrial galego”. Advertiu que “un ano pode ser demasiado tempo” para tomar decisións a favor das factorías que ten Alcoa en Galicia e que se enfrontan á súa posible venta.

 

O candidato socialista urxiu a tomar decisións “dende finais de agosto” en canto o próximo goberno central tome posesión, e que permitan que A Coruña posúa unhas condicións de funcionamento “como mínimo semellantes ás de San Cibrán”.

 

Neste sentido, apostou por diminuír os custes de aprovisionamento da enerxía eléctrica e aumentar os investimentos que garantan a súa competitividade, medidas que foron recollidas no decálogo de propostas para o impulso económico presentado polo candidato socialista a pasada fin de semana.

 

Se estas accións se combinan cun escenario de estabilidade que permita amortizar o investimento, a planta de A Coruña poderá competir con empresas semellantes que traballan na transformación de metais.

 

Resumiu que resulta “absolutamente imprescindible dar para atrás nas condicións de mercado impostas polos gobernos de Aznar” e aplicar unha “reforma en profundidade no funcionamento do sistema eléctrico”. O obxectivo, explicou, é “garantir plans de enerxía en condicións competitivas na UE e no mundo, favorecendo a unhas empresas que se enfrontan a unha dura competencia internacional.

 

Consenso

 

O candidato socialista ao Congreso, Ricardo García Mira, comprometeu hoxe o “máximo apoio posible” a estes traballadores dende o momento en que se abra o próximo período de sesións.

 

Confirmou neste sentido que os socialistas levarán a iniciativa á hora de garantir “consenso e traballo colaborativo” dende o lexislativo e no seu caso dende o goberno central para apoiar ao sector industrial e en concreto ás factorías de Alcoa en Galicia.

 

Así o dixo logo dun encontro no que o Comité de Empresa da factoría coruñesa reclamara que “tódolos partidos políticos tiren na mesma dirección” xa que “todos son conscientes do problema e de por ónde teñen que ir as solucións”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar