A falla de criterio de Sanidade provoca desigualdades nos usuarios de fisioterapia en atención primaria

A falla de criterio de Sanidade provoca desigualdades nos usuarios de fisioterapia en atención primaria

A falla de criterio de Sanidade provoca desigualdades nos usuarios de fisioterapia en atención primaria

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe ao goberno galego de provocar “graves desigualdades” entre os usuarios de fisioterapia a través da atención primaria. Acuña presentou unha pregunta oral ao goberno pola eliminación dos protocolos de atención aos usuarios desta especialidade provocando que “cada fisioterapeuta traballe con directrices distintas”.

A deputada socialista explicou que o goberno de Feijóo suprimiu estes protocolos, postos en marcha polo anterior goberno presidido polo socialista Touriño, co subterfuxio de que “non estaban consensuados con atención especializada”. Sen embargo, os criterios de atención non foron renovados, provocando unha “marcha atrás” no desenvolvemento deste servizo.

Criticou que mentres o PP “saca peito” dun suposto compromiso para implantar unha atención sanitaria “próxima aos domicilios” dos doentes, non teñen feito “nada” para impulsar a fisioterapia, con centros de saúde sen o servizo implantado e, os que si dispoñen del, con listas de espera para recibir o tratamento de “mais de un ano”.

Esta é unha mais das consecuencias, dixo, dos recortes indiscriminados aplicados polo goberno galego aos recursos humanos e infraestruturas da sanidade galega, paralizando o Plan de Mellora e impoñendo unha xestión “integrada” que “non integra senón que desintegra ao mais débil: aos hospitais comarcais e á Atención Primaria”.

Lamentou que en lugar de impulsar o investimento en atención primaria, á que “atacan directamente por ser o piar que sustenta o sistema sanitario público”, prefiren “privatizar a atención e comprarlle máquinas para atender aos doentes crónicos ás empresas amigas”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar