A falla de apoio da Xunta augura o fracaso da estratexia de especialización intelixente RIS3

A falla de apoio da Xunta augura o fracaso da estratexia de especialización intelixente RIS3

A falla de apoio da Xunta augura o fracaso da estratexia de especialización intelixente RIS3

automóbilO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu que o nulo apoio do goberno galego ao tecido económico galego sitúa á estratexia de especialización intelixente RIS3 no camiño do fracaso. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Economía no Pleno do Parlamento, na que advertiu do boicot da Xunta ao cambio do modelo produtivo.

Losada advertiu que a redución de 150 millóns de euros nos programas de I+D+i dende o ano 2009, nos que deixaron sen executar 200 millóns de euros mais, baleiran de contido tódolos anuncios do goberno galego de cara á política de innovación do tecido produtivo. Lembrou que o I+D+i “non é rendible a corto prazo”, e lembrou que é “imprescindible” contar cun apoio público “prolongado e constante” no tempo.

Criticou que o goberno galego continúe comparándose con países como Alemaña ou Finlandia, que dedican entre o 2,5 e o 3 por cento do PIB a I+D, cando Galicia, cun pírrico 0,86 por cento, “está na órbita de Turquía ou Ucraína”.

Situou ao conselleiro no eixo do fracaso das tres variables imprescindibles para o impulso económico, que sion o financiamento, a innovación e o aumento da demanda. Advertiu que a investigación universitaria ten perdido unha terceira parte dos seus fondos co PP, mentres o crédito “afúndese ao mínimo histórico” e a demanda interna desplómase como consecuencia da “brutal devaluación salarial” provocada por Feijóo e Rajoy.

Con estas variables, concluíu, a denominada “estratexia de especialización intelixente RIS3” limítase a “notas de prensa emitidas polo departamento de comunicación de Feijóo”, absolutamente “valeiras de contido orzamentario nin relevancia económica para Galicia”.

Criticou que o goberno se centre exclusivamente na “Publicidade e Propaganda” cando en modelos económicos non maduros como o de Galicia ou contamos cunha aposta pública forte pola innovación ou os axentes privados teñen pouco que facer”.

Constatou que a realidade de Galicia é a dunha rexión cos salarios á baixa e pouco competitiva na produción de produtos con alto valor engadido, “o que se chama baixo desempeño innovador”. Engadiu que baixo a dirección do PP “non somos capaces de producir novo coñecemento, e un non quero importar tecnoloxía, quero creala”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar