A Executiva do PSdeG apoia por unanimidade o traballo de Pachi Vázquez na campaña e a proposta de celebrar un Congreso Extraordinario en 2013

A Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE trasladou hoxe o seu apoio e recoñecemento unánime ao traballo desenvolto polo candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, durante a campaña electoral. Así o comunicou hoxe o secretario de Organización dos socialistas galegos, Pablo García, logo da xuntanza da executiva socialista que tivo lugar esta tarde.

García explicou que a executiva acordou a convocatoria dun Comité Nacional Galego o próximo 10 de novembro para realizar “unha profunda reflexión” logo dos resultados das eleccións autonómicas do pasado domingo.

Hoxe foi aprobada tamén por unanimidade a proposta do secretario xeral para que o Comité Nacional peche un cronograma dirixido a desenvolver un Congreso Extraordinario en 2013 para escoller unha nova dirección do partido.

A dirección dos socialistas galegos amosou hoxe o seu recoñecemento ao traballo desenvolto polos militantes e as agrupacións e acordou ordenar o proceso de reflexión e renovación da dirección “con tranquilidade”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar