A Executiva do PSdeG acorda que as primarias para a elección de candidatos nos municipios de máis de 20.000 habitantes serán o 30 de novembro

A Executiva do PSdeG acorda que as primarias para a elección de candidatos nos municipios de máis de 20.000 habitantes serán o 30 de novembro

A Executiva do PSdeG acorda que as primarias para a elección de candidatos nos municipios de máis de 20.000 habitantes serán o 30 de novembro

A Executiva do Partido Socialista de Galicia acordou hoxe por unanimidade que a elección de candidatos para as eleccións municipais nas vilas de máis de 20.000 habitantes serán o próximo 30 de novembro.

En rolda de prensa, a secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, manifestou que comeza así “o calendario para que os candidatos e candidatas dos diferentes municipios poidan recoller os seus avais, facer campaña e tomar contacto cos militantes”.

Cancela destacou por outra parte que no Comité Federal do sábado en Madrid “falouse largo e tendido de rexeneración democrática, pero non só de redución de deputados, porque ademais vimos a resposta xudicial a esta medida en Castela La Mancha, senón nun contexto máis amplo con iniciativas que sexan as mellores para a cidadanía”.

A secretaria de Organización socialista manifestou que “na axenda estatal do PSOE neste curso político están cuestións básicas trasladadas desde Galicia, como a necesidade dunha reindustrialización e de abordar dunha maneira seria o problema demográfico e de envellecemento da poboación”. “Este fin de semana acordouse tamén que José Ramón Gómez Besteiro pase a formar parte da Comisión de Listas e Lucho Lago da Comisión de Garantías”, afirmou.

Na Executiva do PSdeG falouse tamén do próximo Debate do Estado da Autonomía, lembrando que o ano pasado os socialistas ofreceron un consenso “no sistema financeiro, o emprego e os servizos públicos; temos que dicir que un ano despois non hai nin un só dato que reflicta unha recuperación real, hai un paro insostible e moita desigualdade”.

“Temos un presidente da Xunta que está situado na ala máis radical do seu partido, está ausente e equivocado en moitos dos seus plantexamentos, hai un deterioro evidente na participación democrática”, engadiu Cancela, que rematou mostrando a súa satisfacción pola posible retirada da reforma do aborto do Partido Popular.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar