A Executiva avala a proposta de elección do Secretario Xeral por primarias que deberá ser aprobada polo Comité Nacional

A Executiva avala a proposta de elección do Secretario Xeral por primarias que deberá ser aprobada polo Comité Nacional

A Executiva avala a proposta de elección do Secretario Xeral por primarias que deberá ser aprobada polo Comité Nacional

Pablo García anunciou que a Executiva ratifica a opinión favorable de Pachi Vázquez cara a este procedemento e decidiu trasladar unha proposta ao Comité Nacional do 2 de marzo

Os socialistas escolleron aos seus 13 representantes no primeiro foro preparatorio da Conferencia Política de Outubro, que versa sobre Europa. O venres, día 8 o PSdeG celebrará unha reunión preparatoria

A acción política céntrase no Debate de Orzamentos e en demostrar que o empeño de Rajoy, Merkel e Feijóo por continuar pola liña dura e os recortes non será suficiente para saír da crise, “os socialistas temos outras fórmulas e alternativas”, dixo García.

O Secretario de Orgaqnización do PSdeG-PSOE, Pablo García, adiantou en rolda de prensa que entre os acordos acadados pola Executiva se tomou a decisión de convocar o Comité Nacional o vindeiro sábado, 2 de marzo.

A dirección dos socialistas galegos someterá a aprobación do máximo órgano entre congresos unha proposta da Executiva para o desenvolvemento do próximo Congreso do PSdeG-PSOE, incluído a súa data de celebración e o procedemento de elección de Secretario Xeral.

Neste sentido Pablo García adiantou a intención da Executiva de elevar unha proposta ao Comité Nacional para a incorporación do proceso de primarias á elección do Secretario Xeral. O Secretario de Organización do PSdeG recordou que xa se manifestou en sentido positivo a este procedemento o Secretario Xeral, Pachi Vázquez, e informou de que a Executiva viña de ratificar esta posición. “O Secretario Xeral emitiu unha opinión que comparte a Executiva e así a trasladaremos ao Comité nacional que é o que decidirá”, dixo salientando a relevancia do órgano de decisión socialista.

O Comité Nacional adíase ata o primeiro sábado de marzo pola celebración na data prevista no mes de febreiro, o día 16, co primeiro dos foros organizados polo PSOE para a preparación da Conferencia Política de outubro. Os socialistas galegos designaron hoxe os seus 13 representantes no debate sobre Europa. García anunciou que o PSdeG fará o vindeiro venres, día 8 unha reunión en Santiago sobre o documento base que se debaterá en Madrid, ca finalidade de levar ao foro unha posición común dos representantes de Galicia sobre a proposta que logo irá á Conferencia.

A Executiva de hoxe tamén decidiu darse de prazo o vindeiro mes para a constitución formal das Sectoriais que xa están funcionando e que son Educación, Sanidade, Medio Ambiente, Participación Cidadá, Sociedade da Información e Emprendedores, Economía Social e Traballadores Autónomos.

O Secretario de Organización tamén dou conta da intervención do Secretario Xeral, Pachi Vázquez, sobre a acción política deseñada neste comezo do período de sesións e que ven marcada polo Debate de Orzamentos, que comeza mañá no Parlamento.

Para Pablo García os Orzamentos da Xunta non terían por que ser “de resignación”, xa que os socialistas posúen alternativas. Rexeita a fórmula de Merkel e de Rajoy, aplicada en Galicia por Feijóo, xa que “non só recortando imos saír desta”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar