A Eurocámara fai oficial o seu apoio aos fondos estruturais para as rexións de transición como Galicia

A Eurocámara fai oficial o seu apoio aos fondos estruturais para as rexións de transición como Galicia

A Eurocámara fai oficial o seu apoio aos fondos estruturais para as rexións de transición como Galicia

A Comisión de Desenvolvemento Rexional da Eurocámara apoiou a proposta da Comisión Europea, apoiada polos socialistas, para a creación dunha nova categoría de rexións que durante o período 2014-2020 continuarán recibindo dos Fondos Estruturais dous terzos da cantidade que recibiron en 2007-2013, entre elas Galicia.

A comisión de Desenvolvemento Rexional aprobou a proposta para a Regulación dos Fondos Europeos, sobre cuxa base se desenvolverán as negociacións que durante o próximo outono o Parlamento Europeo manterá co Consello e a Comisión. O tres institucións apoian agora a existencia de rexións de transición para a recepción de fondos estruturais.

No informe adoptado, apoiouse a proposta da Comisión Europea, defendida polos socialistas españois, para que durante o período financeiro 2014-2020 aquelas rexións que superasen o 90% da media do PIB da UE continúen recibindo, como mínimo, dous terzos da asignación que recibiron dos Fondos Estruturais no período 2007-2013.

Tras o voto desta mañá, o eurodeputado socialista Sánchez Presedo sinalou que "Galicia será unha das rexións beneficiadas por esta medida coa que se persegue avanzar no crecemento económico e a cohesión social o que constitúe unha boa noticia para a nosa cidadanía nos actuais momentos de crises."

Sánchez Presedo instou á Comisión e ao Consello a manter os seus compromisos e a atender a petición da Eurocámara para sacar adiante unha proposta que -defendeu- "é clave para o desenvolvemento económico de moitas rexións." Esta medida suporá que durante o período 2014-2020 Galicia continuará recibindo, como mínimo, dous terzos dos 5.700 millóns de euros dos fondos estruturais asignados no 2007-2013.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar