A estratexia de innovación da Xunta, "vellos conceptos, novas palabras e incapacidade" mentres os galegos cobran menos que o resto do Estado

A estratexia de innovación da Xunta, "vellos conceptos, novas palabras e incapacidade" mentres os galegos cobran menos que o resto do Estado

A estratexia de innovación da Xunta, "vellos conceptos, novas palabras e incapacidade" mentres os galegos cobran menos que o resto do Estado

O portavoz de Economía e Innovación do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo hoxe que o esforzo en Innovación do goberno galego redúcese a “vellos conceptos, novas palabras e incapacidade”. Así o dixo na comparecencia do director da Axencia Galega de Innovación –Again- en Comisión parlamentaria para avaliar a estratexia RIS3.

O responsable socialista lamentou que mentres o goberno reduce o esforzo en innovación a unha “plataforma publicitaria baleira de contido”, os galegos cobran un 11,2 por cento menos que o resto do Estado. A situación ademais “vai a peor” logo de constatar que, de acordo co INE, en 2014 os salarios volveron a baixar un 2,8 por cento, mentres no resto do estado a redución foi do 0,8 por cento.

Por iso en 2014 o “escuálido crecemento en Galicia do 0,4 por cento do PIB supuxo a perda de 2.200 ocupados” dunha economía “máis débil, con cada vez maiores dificultades para exportar e baseada cada vez mais na redución de salarios”. As cifras revelan que a evolución dos custes laborais resulta moito peor en Galicia que en España, un “escenario dramático en termos sociais para a maioría dos galegos e das galegas”.

Losada sinalou que o PP “xa non agocha que o seu cambio de modelo económico non conta coa innovación como elemento estratéxico, senón que compiten pola vía da baixada de salarios”. O seu modelo, explicou, baséase no “recorte de fondos para investigación básica e aplicada que acaban repercutindo negativamente nos procesos produtivos innovadores”.

Mentres, a estratexia RIS3 limítase a unha plataforma publicitaria recorrente nas roldas de prensa do presidente, pero que está “condenada ao fracaso” por cando “a innovación non é posible abordala de maneira illada, senón que debe formar parte dun proceso moito mais complexo que esixe esforzo orzamentario, continuidade no tempo e unha estratexia definida”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar