A estratexia da Xunta de reducir salarios é un "camiño a ningunha parte"

A estratexia da Xunta de reducir salarios é un "camiño a ningunha parte"

A estratexia da Xunta de reducir salarios é un "camiño a ningunha parte"

automóbilO portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu hoxe que a estratexia do goberno galego de buscar investimentos en Galicia “a través da redución de salarios” supón un “camiño a ningunha parte”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Industria sobre o proceso de adxudicación das novas furgonetas K9 ao que aspira a factoría de Citröen en Vigo.

O responsable socialista reclamoulle á Xunta que apoie á factoría a través de “plans concretos de financiamento, innovación, formación e loxística” para deixar de utilizar os salarios baixos como “elemento competitivo central”.

Acusou ao goberno galego de centrarse exclusivamente en recortar salarios, nunha estratexia diametralmente oposta ás necesidades da economía galega. Explicou que “hai que actuar sobre todo o demais para que os salarios aumenten e aumente a demanda agregada, e polo tanto o consumo, a actividade económica e a recadación fiscal, e consecuentemente os servizos públicos”.

Sinalou que a estratexia da Xunta está a provocar que en Galicia as factorías estean en serio perigo con salarios de entre 20 e 22 euros mentres en Francia e Alemaña mantéñense competitivas con 35 euros.

Criticou que a Xunta teña situado o investimento en I+D en mínimos históricos, esquecendo o seu papel fundamental na procura de valor engadido e que unha perda de investimento puntual pode provocar un atraso competitivo de décadas.

Furgonetas Citröen

Explica que a concesión das furgonetas suporá mais de 200.000 vehículos anuais e “unha garantía durante unha década para o futuro do sector en Galicia e para apuntalar a fábrica da cidade”.

Advirte que a fábrica galega compite actualmente con Trnava –Eslovaquia- pola nova construción, que si ben ten man de obra mais barata “nós temos máis alta tecnoloxía e persoal mais cualificado”. Agora é fundamental, dixo, a axuda institucional para reforzar os argumentos a favor da factoría viguesa, tal e como teñen trasladado os seus responsables.

Explicou que o sector require do máximo apoio do goberno galego polo seu carácter “estratéxico” na economía galega, xa que supón hoxe o 30 por cento das exportacións de Galicia e mais de 50.000 empregos directos, indirectos e inducidos, unha terceira parte do total de 150.000 empregos cos que conta a industria galega. Mentres, o seu polo fundamental, a Citröen de Vigo, ten pasado de producir 550.000 vehículos en 2007 a 400.000 en 2014, dous terzos da súa capacidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar