A Escola de Formación do PSdeG comezou un programa de Dinamización das Agrupacións Locais para recuperar o goberno da Xunta e dos concellos

A Escola de Formación do PSdeG comezou un programa de Dinamización das Agrupacións Locais para recuperar o goberno da Xunta e dos concellos

A Escola de Formación do PSdeG comezou un programa de Dinamización das Agrupacións Locais para recuperar o goberno da Xunta e dos concellos

O Senador Miguel Fidalgo, responsable da Escola de Formación Francisco Fernández, espera que a participación no programa se poida estender a 100 agrupacións socialistas ata decembro de 2012

O programa pretende poñer a punto e modernizar as agrupacións das principais comarcas de Galicia

Os socialistas galegos veñen de poñer en marcha, este fin de semana, un Programa de Formación para Modernizar e Dinamizar as Agrupacións Locais do PSdeG-PSOE.

Segundo o Secretario de Formación e responsable da Escola Francisco Fernández, Miguel Fidalgo, este programa “vai máis alá dun curso”, trátase dunha experiencia a desenvolver ao longo do ano, “un plan de traballo coas agrupacións”, para relanzar a labro política en cada un dos municipios galegos.

Segundo este programa, logo de recibir unha formación de base para o desenvolvemento do mesmo, cada agrupación elabora o seu propio Plan de Traballo, que será avaliado periodicamente pola dirección do Programa.

Fidalgo espera que este ano, ata decembro, participen no programa de modernización e dinamización ata 100 agrupacións locais a través da implicación das súas executivas municipais.

“Con este programa queremos poñer a punto as principais agrupacións de todas as comarcas galegas para estar en condicións de recuperar o Goberno da Xunta e nos concellos de Galicia”, adianta como obxectivo principal o senador Miguel Fidalgo.

O programa, deseñado pola Secretaría de Formación do PSdeG-PSOE “é pioneiro en España”, salienta Fidalgo, e xa se están a recibir solicitudes de información doutras federacións do PSOE para implantar o programa no seu territorio.

Este fin de semana o impartiuse un curso formativo dirixido polos monitores da Escola Jaime Vera, Concepción Saugar e José Manuel Morcillo. Nas vindeiras semanas serán os monitores da Francisco Fernández os encargados de seguir coa formación teórica e a avaliación das agrupacións no desenvolvemento do programa, tal e como apuntou o secretario de Formación da Executiva socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar