A errática política forestal da Xunta acada a oposición unánime do sector

A errática política forestal da Xunta acada a oposición unánime do sector

A errática política forestal da Xunta acada a oposición unánime do sector

axente forestalO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, reclamoulle hoxe á conselleira de Medio Rural que “escoite a todo o sector forestal que ten en contra e rectifique a súa política errática”. Así o dixo no debate dunha interpelación na que criticou o “desleixo” do goberno na materia e o “ninguneo” ao sector.

García ironizou con que a conselleira conseguira poñer a todo o sector forestal de acordo en contra dunha política “errática e ineficiente”. Así o fixeron cando lle reclamaron en outubro de 2014 a reelaboración do Plan de Desenvolvemento Rural -que posteriormente foi rexeitado pola Comisión Europea por non ter contado coa participación do sector- e o 11 de abril os madeireiros romperon o diálogo coa Xunta.

O responsable socialista subliñou as críticas dos empresarios do sector forestal, que criticaran a “falla de solucións, desatención reiterada e pasividade” do goberno galego e que, sinalou, “no mellor dos casos din que vostede non está a facer absolutamente nada”.

Pablo García instou á conselleira a atender ás demandas do sector, que protestan pola excesiva carga de autorizacións para cortar madeira, necesitando ata 15 permisos, por un Plan Forestal “ineficiente e de costas á realidade forestal”. Tamén critican o desleixo na xestión das medidas preventivas adoptadas polo nemátodo do pino, xa que logo de catro anos aínda agardan por un informe da Consellería para levantar as restricións.

Prevención de incendios

Sen embargo, o eixo das críticas do sector contra a Consellería parten da súa política centrada na extinción de incendios, que absorbe 16 millóns de euros anuais destinados a “pagarlle ás brigadas de Protección Civil” e que son detraídos do resto das políticas de axuda ao sector.

Sinalou que “tódolos industriais da madeira –agás unha pequena parte dunha sección dunha provincia- coinciden en que o fai mal e cuestionan a súa política de prevención centrada en pagar as brigadas municipais en detrimento da implantación e coidados dos nosos montes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar