A empresa do "conseguidor" Pachi Lucas participou na campaña de Feijóo de 2009

A empresa do "conseguidor" Pachi Lucas participou na campaña de Feijóo de 2009

A empresa do "conseguidor" Pachi Lucas participou na campaña de Feijóo de 2009

Marisol SoneiraA deputada socialista Marisol Soneira reclamoulle ao presidente da Xunta pola participación do presunto “conseguidor” e amigo persoal seu, Pachi Lucas, na súa campaña electoral de 2009. Soneira anunciou hoxe unha batería de iniciativas para que o presidente da Xunta dea explicacións pola “corrupción sistémica” do PP.

Soneira revelou hoxe que, de acordo co informe de fiscalización do Consello de Contas correspondente ás campañas electorais de 2009, a empresa Disart 4 SL, propiedade do empresario, investigado na Operación Zeta, figura na relación de provedores do PP cun importe de 25.583,8 euros.

A deputada socialista cuestionou a habilidade de Feijóo á hora de escoller ás súas amizades, logo da súa relación documentada co narcotraficante Marcial Dorado, a conexión co suposto conseguidor e amigo persoal “ao que agora di descoñecer” Pachi Lucas ou ao seu almorzo, previsto para hoxe mesmo, co alcalde de A Baña, procesado por irregularidades no censo electoral e un empresario acredor de axudas públicas.

Sinalou ao presidente da Xunta e do PP como “o punto onde converxe todo” e dixo que “ten que dar explicacións xa” porque “cada minuto que pasa é unha lousa insoportable sobre a credibilidade das institucións e do modelo institucional”. Sinalou que a corrupción “estase a demostrar como sistémica dentro do PP”, que conta cunha “caixa B robusta e alimentada con regularidade”.

Dende Madrid ata Galicia, pasando por Valencia ou Barcelona, dixo, as irregularidades do PP e o seu uso de diñeiro negro é unha constante, mesmo para o financiamento das súas sedes na Rioxa, no País Vasco ou en Pontevedra.

Soneira dixo que si o presidente da Xunta elude dar explicacións é “porque non quere se coñeza a verdade”. Transmitiu as súas “dúbidas sobre a capacidade do presidente da Xunta de discernir os actos éticos dos que non o son” cando “é incapaz de ver a diferenza entre axudar a un discapacitado a votar e o carrexo de maiores enfermos de alzheimer”.

Comisión de corrupción

A deputada socialista esixiu a reactivación da Comisión de Estudo contra a Corrupción, conxelada pola imposición do PP, para analizar as múltiples irregularidades que salpican ao PP, á Xunta e ao seu presidente. Un presidente, continuou, que se presenta como loitador implacable contra a corrupción pero agocha os contratos do narcotraficante Marcial Dorado co Sergas, ou a documentación solicitada sobre nepotismo no Igape.

A Xunta e o PP, dixo, deben dar contas sobre a implicación de altos cargos do Igape na Operación Campeón, o suposto financiamento irregular do PP revelado no Caso Gürtel, o presunto trato de favor a amigos e tamén financiamento irregular investigado na Operación Zeta, o carrexo de anciáns dementes a votar ou as declaracións de persoeiros do mundo do narcotráfico e de ex altos cargos orgánicos do PPdeG sobre financiamento irregular.

Estas, dixo, non rematan na relación do empresario Gerardo Crespo co PP, en alusión a posibles investigacións de contratos “doutras empresas con moi altos responsables do goberno galego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar