A emigración laboral e a estacionalidade adulteran os resultados dun mercado laboral cada vez máis precarizado

A emigración laboral e a estacionalidade adulteran os resultados dun mercado laboral cada vez máis precarizado

A emigración laboral e a estacionalidade adulteran os resultados dun mercado laboral cada vez máis precarizado

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Noela Blanco, alertou hoxe da “irresponsabilidade” que supón o “triunfalismo” diante duns datos de desemprego “máis que cuestionables”. Así o dixo durante unha rolda de prensa en Ourense para presentar iniciativas locais na que ademais fixo unha valoración dos datos da EPA coñecidos hoxe.

A responsable socialista sinala que os datos vense “adulterados” pola emigración de traballadores e a destrución de postos de traballo, ofrecendo unha taxa “beneficiada de xeito artificial pola estacionalidade”. Estes ofrecen un “espellismo que agocha a dramática realidade dunha precariedade e dunha conflitividade laboral xeneralizadas”.

Advertiu que o “saqueo” á hucha das pensións polos gobernos do PP e a redución nas cotizacións pola precarización do emprego “poñen en perigo a continuidade do noso sistema de pensións”.

Emprego destruído

Noela Blanco sinalou que o presidente da Xunta “conta coa dubidosa honra de ter destruído 112.400 postos de traballo netos dende a súa chegada en 2009”, cando había 1.170.300 de postos de traballo, fronte aos 1.057.900 rexistrados no terceiro trimestre de 2016.

Apuntouº á baixa taxa de actividade que rexistra Galicia, cinco puntos inferior á estatal e 1,5 puntos inferior con relación á que Feijóo atopou en 2009, como unha máis das consecuencias nocivas da súa xestión. Lembra que hoxe en Galicia hai 45.700 desempregados máis que cando o PP chegou ao goberno en 2009 e a taxa de paro atópase 4,3 puntos por enriba do 12,09 por cento de aquel ano.

Salientou tamén que hoxe hai 48.900 contratos indefinidos menos e 14.800 contratos temporais menos que en 2009, un ano no que había 123.500 ocupados a tempo completo máis e 11.000 a tempo parcial menos que hoxe.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar