A emigración constitúe unha "censura ás políticas de Feijóo, que obriga aos galegos a votar cos pés"

A emigración constitúe unha "censura ás políticas de Feijóo, que obriga aos galegos a votar cos pés"

A emigración constitúe unha "censura ás políticas de Feijóo, que obriga aos galegos a votar cos pés"

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo hoxe que os novos datos de emigración constitúen unha “censura ás políticas de Feijóo”, que obriga aos galegos e galegas a “votar cos pés”. Logo da reunión da Xunta de Portavoces, o responsable socialista aludiu a que Galicia teña perdido 15.000 galegos en 2013, un 25 por cento mais que no ano anterior.

Méndez Romeu advertiu que a fuxida dunha xeración dos galegos e galegas mais cualificados, nunha “sangría demográfica”, da a medida do fracaso do goberno galego. Esta é a consecuencia, dixo, dun goberno que “traballa para recortar os dereitos das persoas”, como demostra a aprobación esta semana da Lei do Aborto e da Lei de Seguridade Cidadá, mentres os socialistas “traballamos a prol dos dereitos cidadás”.

Así o dixo logo dunha reunión da Xunta de Portavoces na que foi aprobado un calendario extraordinario de traballo parlamentario no mes de xullo, como resultado da petición dos socialistas de habilitar este período, regulamentariamente inhábil, para continuar co traballo ordinario do Parlamento.

Lamentou que este acordo exclúa, por imposición do PP, o traballo das comisións de investigación sobre a desaparición das caixas de aforro e a Comisión de Estudo sobre a corrupción, que permanecen paralizadas logo de un ano da súa constitución.

Democracia de baixa calidade

O portavoz socialista remitiulle hoxe á presidenta do Parlamento, xunto co resto dos grupos da oposición, unha queixa formal pola negativa do presidente da Xunta a responder ás sesións de control do Parlamento. Dixo que logo de negarse a comparecer a petición propia ou da oposición, a súa presenza no Parlamento limítase a “cinco minutos cada quince días” nunhas sesións de control nas que “responde ao que lle peta”.

Sinala que “cústanos saber o que pensa sobre a situación de Galicia” mais alá do “vasto coñecemento que demostrou na entrega das medallas Castelao”, nas que atribuíulle ao intelectual galeguista, republicano, as ideas que sustentan á monarquía.

Censurou que Feijóo teña encetado un “recorte de dereitos e de representantes” políticos, “obrigándonos a asistir a unha devaluación da democracia para instaurar unha democracia de baixa calidade moi afastada da cidadanía”. Así o demostra, explicou, coas súas respostas na Cámara e na súa intención de reducir o número de representantes desbotando calquera proposta de mellorar o funcionamento do Parlamento.

Xustiza

O responsable socialista dixo que o presidente da Xunta tan só se mantén “fiel a si mesmo” ao eludir a toma de responsabilidades entre os membros do seu partido suxeitos a procesos xudiciais “severos”. Así o dixo logo de que o venres fixera o “enésimo cambio de criterio” sobre o funcionamento da xustiza, desta volta coas súas “queixas sobre a tramitación das instrucións por determinado xulgado”.

Lembrou ademais, en resposta ás preguntas dos xornalistas, que o xuízo contra o ex presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luis Baltar, pon o acento sobre as prácticas de nepotismo e clientelismo do seu partido.

Lembrou que o ex político ourensán fixo dimitir a toda a lista do PP de Esgos para cederlle a presidencia da Deputación ao seu propio fillo, tal e como fixo Feijóo no PP de Compostela para darlle a alcaldía ao seu conselleiro de Territorio, Agustín Hernández. Lembrou que este ultimo caso será analizado pola Xunta Electoral Central logo do recurso presentado polos socialistas galegos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar