A dirección de informativos da CRTVG actúa "como si estivera na nómina de Feijóo"

A dirección de informativos da CRTVG actúa "como si estivera na nómina de Feijóo"

A dirección de informativos da CRTVG actúa "como si estivera na nómina de Feijóo"

crtvgA deputada socialista Carmen Acuña acusou hoxe á dirección de informativos da CRTVG de actuar “como si estiveran directamente na nómina de Feijóo co beneplácito de Sánchez Izquierdo”, o director xeral do ente. Acuña presentou unha pregunta oral na Comisión de control da CRTVG sobre a cobertura informativa en precampaña.

A responsable socialista acusou aos responsables dos entes públicos de actuar con “complicidade” na estratexia de Feijóo de “facer chegar unha batería de mentiras ao público galego”. Estes medios son reflexo, dixo, un PP “mais nervioso que noutras eleccións, e que polo tanto incrementan aínda mais as súas intolerables trampas e mentiras”.

Carmen Acuña lembrou que a CRTVG é financiada polos orzamentos de tódolos galegos e galegas, e “tamén dos que non votamos ao PP”, polo que considera insultante a desproporción entre o tempo ofrecido ao PP e aos socialistas galegos na precampaña. No mes de marzo o PSdeG tivo 27 segundos nos informativos da canle pública fronte aos 9 minutos e 48 segundos do PP.

Os membros do partido do goberno, dixo, gozan de ampla cobertura e tódolos medios do ente mentres a oposición tan só é reflectida con noticias negativas enmarcada polas valoracións dos responsables políticos e os representantes institucionais do PP.

É o reflexo dunha “realidade intolerable á que a cidadanía galega, cada vez mais madura e democrática e que rexeita a manipulación”, e “por iso a teleFeijóo cada vez vese menos”. Apelou á “responsabilidade e a posibilidade de poñerlle freo a estas prácticas e impedir unha manipulación que nin é ética, nin moral nin digna para un profesional da comunicación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar