A dimisión do Valedor do Pobo fai caer polo seu propio peso os argumentos incoherentes, inconsistentes e incongruentes de Feijóo

A dimisión do Valedor do Pobo fai caer polo seu propio peso os argumentos incoherentes, inconsistentes e incongruentes de Feijóo

A dimisión do Valedor do Pobo fai caer polo seu propio peso os argumentos incoherentes, inconsistentes e incongruentes de Feijóo

Abel Losada sinala que Feijóo “intentou aproveitarse da posición do Valedor a favor dos recortes e en contra da Lei da Dependencia buscando culpables externos como é habitual nel”

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo que a dimisión do Valedor do Pobo “fai caer polo seu propio peso os argumentos incoherentes, inconsistentes e incongruentes de Feijóo” na súa defensa. Sinalou que esta é “a única saída lóxica e digna a unha posición insostible” en defensa dos recortes en sanidade e educación e a favor da suspensión da Lei da Dependencia asumidas polo alto comisionado e respaldadas por Feijóo e o PP.

O responsable socialista sinalou que o presidente da Xunta “unha vez mais adoptou unha estratexia oportunista” aproveitando unha posición a favor dos recortes “que lle foi útil” pero “renegando da persoa á quen el mesmo propuxo para o cargo” e “buscando culpables externos, como é habitual nel” e responsabilizando a outros do seu nomeamento.

Losada considera que a dimisión constitúe un requisito imprescindible para frear a crise institucional aberta logo de situarse na defensa das políticas de recortes do PP en lugar de defender aos cidadáns e frear así o grave dano inflixido á institución. Apuntou que esta situación abre a necesidade de reflexionar sobre o papel do Valedor “nun momento de necesidades económicas e sociais como o que vivimos”.

Losada lamenta sen embargo que teña sido o propio Benigno López quen tomara a decisión de abandonar o cargo mentres o PP e o Goberno galego persistían en defender numantinamente a súa continuidade no cargo nunha “manobra impresentable”. Lembrou que o propio Feijóo asumiu na pasada sesión de control no Parlamento a defensa dunha posición inexplicable do Valedor do Pobo en contra dos dereitos cidadáns.

Sinala que “non lle quedou mais saída que dimitir logo de perder a confianza de mais da metade dos cidadáns”, representados polos socialistas e os nacionalistas, cando é un cargo que ten que ser elixido por maioría cualificada da Cámara.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar