A devolución do PDR, consecuencia do "desleixo e incompetencia" da Xunta

A devolución do PDR, consecuencia do "desleixo e incompetencia" da Xunta

A devolución do PDR, consecuencia do "desleixo e incompetencia" da Xunta

vacasO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, anunciou hoxe unha batería de iniciativas parlamentarias para levar á Cámara autonómica a devolución, dende Bruxelas, do Plan de Desenvolvemento Rural presentado pola Xunta por excluír ao sector.

García considera a devolución “unha mostra incontestable da arrogancia” do goberno galego, que terá que refacer o texto dende cero, entre outras cousas por non pactalo co sector, tal e como os socialistas galegos viñeron advertindo dende o comezo. Acusou á Xunta de tomarse “a pitorreo” unha liña de axuda procedente da UE que suporá nada menos que o financiamento de 889 millóns de euros ata 2020.

O responsable socialista advertiu que con esta decisión, os galegos e galegas que queren vivir e traballar no rural son “vítimas inocentes o desleixo e incompetencia infinitos” do goberno galego, que “se permite a temeridade de xogar cunha importantísima partida, vital para o medio rural galego”, e que pode mesmo retrasar a adxudicación a Galicia dos fondos Feader.

Esixiulle ao goberno galego que “asuma dunha vez por todas que non pode facer política de costas á sociedade” e, “si non queren escoitarnos aos socialistas galegos, a lo menos atenda ao severo varapau que veñen de recibir dende a UE”.

Acusou ao departamento de Medio Rural de “ter acadado o dubidoso mérito de sumar nada menos que 400 advertencias por parte da UE”, logo de enviar un documento que “disparou tódalas alarmas da UE fronte ao reparto clientelar de fondos”.

“Este é o motivo –explicou- polo que a UE esixe que os fondos sexan consensuados cos axentes sociais, foi o que a Xunta deliberadamente decidiu obviar e o que provocou precisamente a demanda do sector forestal e, por conseguinte, a devolución do documento”.

García advertiu que “a Xunta non pode alegar descoñecemento, xa que os socialistas os tiñamos alertado dende o comezo” polo que, concluíu, “tan só pode alegar incompetencia, arrogancia e unha xestión chapuceira”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar