A desinformación da Xunta provoca alarma social fronte ao ébola

A desinformación da Xunta provoca alarma social fronte ao ébola

A desinformación da Xunta provoca alarma social fronte ao ébola

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias nas que acusa ao goberno galego de “provocar alarma social” diante da crise do ébola. Acuña advirte que as notables eivas materiais, fallas de coordinación, de formación aos profesionais e de información á cidadanía “fan ben pouco por tranquilizar á poboación”.

A deputada socialista reclamou a comparecencia da conselleira de Sanidade no Parlamento para dar conta das medidas establecidas polo goberno galego fronte a esta crise. Ademais presentou unha interpelación diante da fonda preocupación que está a xerar entre a cidadanía e os profesionais sanitarios a escasa preparación diante do primeiro caso de transmisión da enfermidade fora de África.

Por este motivo quere que o goberno galego explique en sede parlamentaria cales son os protocolos de actuación activados en Galicia diante dos novos casos sospeitosos e confirmados de enfermidade por este virus. Ademais, reclama que expoñan os medios cos que conta a Comunidade Autónoma para facer fronte a un posible caso e os mecanismos de actuación establecidos para os centros sanitarios.

Reclámalle á Xunta que explique as medidas de seguridade requiridas, os medios de protección dispoñibles para os profesionais sanitarios e o equipamento a disposición dos centros sanitarios e dos medios de desprazamento dos posibles doentes.

Tamén solicita que explique as vías empregadas polo goberno galego para comunicarlle ás organizacións profesionais os protocolos e as medidas de actuación diante da sospeita dun caso de ébola.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar