"A desidia do Goberno galego ten paralizado o Consello Galego de Protección de Animais"

"A desidia do Goberno galego ten paralizado o Consello Galego de Protección de Animais"

"A desidia do Goberno galego ten paralizado o Consello Galego de Protección de Animais"

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego interveu na Comisión 7ª do Parlamento de Galicia para reclamar explicacións sobre as medidas previstas pola xunta sobre o abandono de animais, e os motivos da eliminación das axudas ás protectoras de animais.

Gallego dixo que o Goberno de Feijoo aínda non te desenrolada a lexislación neste asunto, por iso advirte que este abandono “causa prexuízo tanto para as protectoras de animais, os Concellos e o conxunto da sociedade en xeral”. Afirma que a ralentizacion na aplicación do Decreto “forma parte da desidia da Xunta neste tema”.

A parlamentaria socialista replica que a día de hoxe “non temos constancia do funcionamento ordinario do Consello Galego de Protección de animais domésticos e salvaxes en cautividade”, e do que deberían formar parte tanto a Consellería de Medio Rural, FEGAMP, veterinarios, organizacións ecoloxistas, sociedade protectora de animais, entre outros.

Argumenta que os animais abandonados constitúen unha das peores facianas da nosa sociedade. Dixo que no ano 2010, 9.000 animais de compañía foron abandonados en Galicia, dos cales 5.500 eran cans, e 3.500 gatos. Por iso emprazou a Xunta a impulsar a concienciación cidadá “para mudar este comportamento”.

A deputada denuncia que o orzamento da Xunta para a protección de animais domésticos dirixidos aos concellos galegos diminúen de xeito alarmante, pasando de 570.000 euros no ano 2010, a apenas 183.000 euros no ano 2011.
Ademais denuncia tamén a desaparición das axudas para as protectoras de animais que moitas veces suplen a labor da administración.

Así as cousas Gallego emprazou ao Goberno de Feijoo a aumentar as partidas orzamentarias neste campo “para que no ano 2012 volvan as partidas as protectoras de animais, xa que este ano non se investiu nin un so euro”, insistiu.

Convenio de 2008

Criticou que coa diminución dos orzamentos da Xunta dirixidos aos concellos, as entidades locais son incapaces de atender aos animais abandonados, e no caso dos concellos pequenos non poden dispoñer de lugares axeitados para protexer aos animais abandonados.

Ademais sinala que a Xunta de Feijoo recoñeceu que os poucos investimentos que se están realizando teñen a súa orixe nun Convenio asinado no ano 2008, e levado adiante nos anos 2009, 2010 e 2011.

Vigo

A maiores a portavoz socialista puxo como exemplo o investimento do Concello de Vigo á Sociedade Protectora de Animais viguesa “cada mes aporta 8.000 euros, e acaba de investir de 500.000 euros nun quirófano”. Ademais lembra que o Concello de Vigo non recibe subvencións da Xunta.

Vontade política

“A día de hoxe a atención que esta prestando a Xunta de Feijoo é claramente insuficiente”, resumiu. Xa que asegura que hai medidas que se poden impulsar con “un pouco de vontade política”.

.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar