A descoordinación entre Xunta e Concello de Ourense deixa á cidade sen os centros de saúde de O Vinteún e Mariñamansa

A descoordinación entre Xunta e Concello de Ourense deixa á cidade sen os centros de saúde de O Vinteún e Mariñamansa

A descoordinación entre Xunta e Concello de Ourense deixa á cidade sen os centros de saúde de O Vinteún e Mariñamansa

A deputada socialista Noela Blanco achacou hoxe a paralización dos centros de saúde de O Vinteún e Mariñamansa ao “desleixo” do goberno galego e á súa “falla de entendemento” co goberno local de Ourense. A responsable socialista preguntoulle ao goberno na Comisión de Sanidade por unhas obras dispostas polos gobernos socialistas e paralizadas dende a chegada de Feijóo á Xunta.

A responsable socialista sinalou así que a obra prevista para o barrio de Mariñamansa leva “meses paralizada”, logo de que o anterior goberno socialista puxera a disposición da Xunta en 2010 seis posibles ubicacións para a súa construción. Instou ao director xeral do Sergas a “poñerse de acordo” co alcalde e escoller unha parcela, e acusouno de utilizar o argumento como coartada para deixar Ourense sen este centro.

Lamentou que o xerente do Sergas asegurara hoxe que “segundo contactos recentes co Concello de Ourense, non hai parcela na cidade para esta infraestrutura”, cando contan con 6 posibilidades diferentes para un servizo solicitado por 18 colectivos veciñais e polo Pleno do Concello na súa totalidade.

Lembrou que o pasado 2 de setembro foi aprobada unha proposta socialista para “instar á Xunta a que se comprometa a fixar de inmediato un calendario para o inicio, a execución e remate das obras dos novos centros de saúde de O Vinteún e Mariñamansa, así como asignar as partidas orzamentarias correspondentes para levalos a cabo nesta lexislatura”.

Criticou ademais que teñan paralizado o centro previsto para o barrio de O Vinteún, logo de que o anterior goberno socialista acondicionara unha parcela cun esforzo adicional de explanación en 1.250 metros cadrados de superficie e un investimento de 284.000 euros para a súa urbanización.

A dita obra foi licenciada ao amparo do plan vixente daquela, explicou, e criticou o “desleixo do goberno do PP”, que renunciou a solicitar unha nova licenza na orde de provisión acorde á normativa actual.

Lamentou que o Sergas “tampouco aporta ningunha data aproximada de execución do proxecto nin do orzamento que vai dedicar ao mesmo, alegando un problema urbanístico ante o que o PP cruzouse de brazos deixando que pasara o tempo sen tentar solventar esa situación”.

Sen orzamentos

O certo é que, explicou, na memoria do Sergas para 2017 estas actuacións non figuran como prioritarias, “nin hai orzamento dispoñible” e lembrou que o propio PP vetou no debate dos orzamentos as emendas presentadas polos socialistas galegos para destinar 2 millóns de euros ao financiamento destas infraestruturas.

Sinalou que “Ourense non pode quedar atrás na construción dos novos equipamentos sanitarios”, e reclamou “a posta en marcha dun Plan xeral de reordenación, modernización e mellora da rede de centros de saúde de Atención Primaria”.

Blanco criticou que o PP “utilice unha iniciativa nesta mesma Comisión para traer de novo os centros de saúde de Barbadás, Pontedeva, Paderne de Allariz e O Pereiro de Aguiar, que xa foron preinaugurados, inaugurados e postinaugurados intentando tapar as eivas na capital da provincia”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar