A dereita decidiu facer unha voladura controlada da sanidade pública porque a sanidade privada é un gran negocio

A dereita decidiu facer unha voladura controlada da sanidade pública porque a sanidade privada é  un gran negocio

A dereita decidiu facer unha voladura controlada da sanidade pública porque a sanidade privada é un gran negocio

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, afirmou xunto á secretaria de Estado de Igualdad e candidata ao Congreso, Laura Seara, que a dereita decidiu facer “unha voladura controlada da sanidade pública” porque “a sanidade privada é un gran negocio”.

Nun acto sectorial de sanidade ao que asistiron profesionais sanitarios, representantes dos sindicatos deste sector, a asociación Pro Sanidade Digna, e de asociacións veciñais da cidade de Ourense, Pachi Vázquez explicou que o PP aproveita o medo da cidadanía e a crise para dinamitar a sanidade pública, cando a realidade é que a sanidade pública española é unha das mellores do mundo e unha das máis baratas.

O líder dos socialistas galegos lembrou que o problema da crise en España non son as prestacións públicas, senón o endebedamento das familias e as empresas, aos que lles corresponde 2,3 billóns de euros dos 3 billóns de euros que debe o país. A débeda estatal, de 700.000 millóns de euros é unha das débedas soberanas máis pequenas de Europa.

Pachi Vázquez salientou o compromiso dos socialistas coa sanidade pública, un dereito universal que non pode depender dunha empresa privada. Fronte ao modelo socialista, o Partido Popular minte alí onde goberna. Puxo como exemplo a Xunta de Galicia, onde o goberno de Feijoo recortou 300 millóns nos orzamentos da Xunta ao mesmo tempo que manipula información e afirma que aumentan as horas de cirurxía cando hai menos horas de anestesistas.

O secretario Xeral do PSdeG advertiu que co PP “a ferramenta do futuro é a tesoira ou unha motoserra”, como vemos na “grave” situación da sanidade pública ourensá “afogada” pola mala xestión de Eloína Núñez e a falta de apoio económico da conselleira Pilar Farjas.

A Secretaria de Estado de Igualdad e candidata ao Congreso, Laura Seara, lembrou que as medidas de aforro no ámbito sanitario levadas a cabo polo Goberno de España nos últimos tres anos supuxeron un aforro de 5.000 millóns de euros.

Seara denunciou que os recursos adicionais de 15.000 millóns de euros non foron finalistas e as comunidades autónomas gobernadas polo PP non os destinaron á sanidade, e puxo de relieve que as medidas de aforro do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, “recortaron os gastos sen prexudicar nunca aos cidadáns”.

A candidata ao Congreso explicou que o programa electoral socialista propón tres eixos de traballo para o futuro: o apoio ás comunidades autónomas no pago das débedas cos proveedores, equilibrar os orzamentos e controlar os costes estruturais que contribúen á sostenibilidade a longo prazo do propio sistema.

Tamén destacou o importante compromiso do Goberno de España coa provincia de Ourense, materializado na inversión de preto de 60 millóns de euros no CHUO, co-financiado polos Ministerios de Sanidade e o de Ciencias e Innovación, “para deseñar a sanidade do futuro”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar