A Deputación de Ourense dilapidou 6 millóns de euros do Plan Estacións, cofinanciado con fondos europeos

A Deputación de Ourense dilapidou 6 millóns de euros do Plan Estacións, cofinanciado con fondos europeos

A Deputación de Ourense dilapidou 6 millóns de euros do Plan Estacións, cofinanciado con fondos europeos

O portavoz socialista na Deputación, José Ignacio Gómez, avanzou que os socialistas pedirán explicacións e responsabilidades políticas polas irregularidades cometidas na execución do Plan Estacións, un proxecto transfronteirizo orzamentado en 6,2 millóns de euros dos que 4,7 millóns se financiarían con fondos europeos.

Gómez lembrou que se trataba dun proxecto para crear “estacións vivas e espazos vivos” nas estacións ferroviarias da provincia de Ourense, “espazos vivos que hoxe non existen”, polo que piden o cese do xerente do INORDE así como abrir unha comisión de investigación para aclarar este asunto.

O proxecto foi presentado pola Deputación a través do INORDE, para o que se contemplaba un orzamento de 6,2 millóns de euros na parte española e 1,4 millóns na parte portuguesa.

O portavoz socialista considera que se trata de 6 millóns de euros “dilapidados e despilfarrados, e que os proxectos non se adaptan ao realizado, están inacabados ou non presentan ningún tipo de actividade”.

Así, puxo como exemplo a estación dos Peares, na que a cantina histórica prevista é unha tasca que está pechada, non hai centro de interpretación como tal e só abre dous días á semana.

Sobre a estación de Santa Cruz de Arrabaldo dixo que está totalmente pechada, inaccesible porque está pechado con candado; en Baños de Molgas a cantina histórica é un bar-restaurante, os museos só abren 28 horas á semana, e o albergue totalmente pechado o día da visita.

No caso das estacións de Vilar de Barrio, Campobecerros e Vilavella están pechadas e totalmente abandonadas.

Sinalou que tampouco se crearon os postos de traballo previstos e que para o único que serviu foi para que “Feijóo viñera inaugurar con pomposidade o Museo do Ferrocarril da estación de Peares”.

As irregularidades neste proxecto súmanse ás que xa están sendo investigadas por técnicos respecto das depuradoras e pola que os socialistas esixen explicacións, dado que se trata dun proxecto de 13,5 millóns de euros e o encargado no seu día deste tema era o actual delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez.

Ademais, e preguntado pola ruptura do pacto contra a incineradora no Concello do Carballiño, Gómez sinalou que o acontecido no pleno do pasado venres “é unha broma, pero de mal gusto, a todos cidadáns”, ao que engadiu que “ao PP se lle caeu a careta, e se pretendían quedar ben ante os cidadáns quedaron moitísimo peor”.

O deputado cualificou de “kafkiano” o sucedido no pleno, e explicou que os socialistas querían que se debatera esta cuestión e se lle quitara a careta ao alcalde do Carballiño e aos membros do grupo popular, e non puido debatirse con outros acordos porque foron vetados.

“O PSOE non quere a incineradora en ningún sitio da provincia de Ourense”, insistiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar