A decisión do Consello Interterritorial de Saúde evidencia o fracaso do catálogo de medicamentos de Farjas

A decisión do Consello Interterritorial de Saúde evidencia o fracaso do catálogo de medicamentos de Farjas

A decisión do Consello Interterritorial de Saúde evidencia o fracaso do catálogo de medicamentos de Farjas

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, saudou a decisión adoptada polo Consello Interterritorial da Saúde de extender a prescripción de fármacos por principio activo a todo o Estado, unha decisión que evidencia a inutilidade do Catálogo de medicamentos da Xunta e o fracaso de Farjas e Feijóo.

Fernández, que esta tarde mantivo unha reunión cos responsables de sanidade das executivas provinciais, valorou que a maior parte das comunidades autónomas apoiasen a proposta do Ministerio de prescripción de fármacos por principio activo, por demostrarse que este sistema posibilitará un aforro real no gasto farmacéutico.

Incidiu en que “incluso as comunidades gobernadas polo PP apoiaron esta proposta, deixando soa a Pilar Farjas e ao Goberno galego coa súa iniciativa de extender o catálogo priorizado da Xunta a todo o Estado”. “Isto demostra o fracaso de Farjas e Feijóo e a inutilidade do catálogo priorizado”, sentenciou.

Lembrou ademais que a prescripción de fármacos por principio activo foi a proposta defendida dende o primeiro momento polo PSdeG, que xa no pasado ano presentou unha Proposición de Lei no Parlamento galego para impulsar e promover este sistema.

“Os socialistas galegos defendemos que este sistema incrementaría o uso de xenéricos, diminuíndo así o gasto farmacéutico sen recortar os dereitos aos cidadáns no acceso aos medicamentos”, sinalou Fernández.

Lembrou que esta proposta dos socialistas galegos viña avalada pola experiencia de comunidades como Andalucía, que gracias a este sistema pasou a liderar as autonomías con máis uso de xenéricos e menos gasto farmacéutico.

Por elo, lamentou que o Goberno galego optase por levar adiante un catálogo priorizado “que non só non logrou un aforro real no gasto, senón que levou a diminuír os dereitos farmacéuticos dos galegos e galegas, ao restarlle o acceso a 430 medicamentos dos que si dispoñen os cidadáns doutras comunidades”.

Pola contra, a proposta de prescripción por principio activo “suporá un aforro real, sen recortar dereitos farmacéuticos aos cidadáns, e ademais sen romper a unidade do sistema da Seguridade Social”, sinalou o socialista.

Por todo elo, Fernández reclamou ao Goberno galego “que retire o catálogo priorizado, e que lle devolva aos galegos e galegas o acceso aos medicamentos que lles quitou cun catálogo que, tal e como quedou demostrado hoxe, non quere ningunha outra comunidade, nin as gobernadas polo PP”.

Outras medidas
Fernández valorou tamén a proposta do Ministerio de destinar unha cuantía maioritaría dos 8.000 millóns de financiamento adicional para as comunidades á sanidade, un plantexamento que foi aceptado polas comunidades e que se levará ao próximo Consello de Política Fiscal e Financeira.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar